EXPLICACIÓN PARA FAMILIAS

! Para consultar información actualizada (datas importantes, prazos, xestións...), estade atentos á web do cole.

No apartado "Propostas semanais" deixamos un listado de propostas para o verán.

(tedes tamén un recopilatorio das actividades semanais propostas, estaban pensadas para realizar ao longo dunha semana pero podedes facer actividades soltas, retomar aquelas que non tivechedes oportunidade de facer...).

Nos apartados "Recursos", "Psicomotricidade" e "Estimulación da linguaxe oral" da barra lateral seguiremos engadindo ideas de actividades e enlaces que nos parecen interesantes.

E o profe de música ten diferentes actividades na pestaña "Música".

O apartado "PROXECTOS" non está actualizado pero tamén ten cousas interesantes organizadas por núcleos temáticos, por se queredes botar unha ollada.