O alumnado de 5º e 6º de Primaria aprendeu a facer un uso seguro das redes sociais e a identificar situacións de acoso.
REDACCIÓN | O noso centro recibiu este mes de novembro unha visita moi especial. Axentes da Garda Civil achegáronse ao CEIP Valle-Inclán os días 5 e 12 para impartir unhas charlas informativas sobre os riscos das novas tecnoloxías (TIC), o acoso escolar e o ciberacoso.
Durante as sesións, os axentes explicaron ao alumnado de 5º e 6º curso a importancia de protexer a nosa privacidade. Entre os consellos principais, destacaron a necesidade de crear contrasinais longos e complexos, así como a importancia de ter moita precaución coa idade das persoas coas que se fala a través de Internet, desconfiando de estraños que poidan intentar enganar aos menores.
Un dos puntos clave da charla foi aprender a identificar o verdadeiro acoso. Os axentes sinalaron que, para que unha situación se considere acoso (e non unha discusión puntual), as agresións ou insultos —xa sexan físicos ou a través das redes sociais— deben producirse de forma repetida e frecuente no tempo.
O obxectivo desta iniciativa é que os nenos e nenas aprendan a respectarse mutuamente e saiban como utilizar correctamente a tecnoloxía. Tras a proxección dun vídeo sobre a convivencia escolar, o alumnado participou nunha quenda de preguntas para resolver dúbidas e recibir consellos sobre como evitar erros no manexo de dispositivos dixitais.
A xornada rematou cunha grande ovación por parte dos estudantes, que agradeceron á Garda Civil a claridade e calidade da súa explicación.
1. Contrasinais fortes: Utiliza sempre claves longas e complexas para protexer as túas contas.
2. Coidado coa idade: Non fales con persoas que non coñezas na vida real; poden non ser quen din ser.
3. Identifica o acoso: O acoso escolar ou ciberacoso é algo que pasa moi a miúdo, non é un problema dun só día.
4. Respecto dixital: A tecnoloxía é unha ferramenta para aprender e desfrutar, pero sempre respectando aos demais.
5. Pide axuda: Se tes algunha dúbida ou che pasa algo raro en internet, fala sempre cunha persoa maior de confianza.
Escolares durante a charla
O mércores 17 de decembro de 2025 celebrouse no Auditorio Municipal do Grove o 1.º Festival Escolar de Panxoliñas no que participaron todos os colexios e a escola de música da vila.
REDACCIÓN | O noso concello viviu unha xornada moi especial. O alumnado de todos os centros achegouse ao auditorio para dar a benvida ás festas nun evento onde a música foi a protagonista. O festival reuniu ao CEIP Rosalía de Castro, CEIP As Bizocas, CEIP Conmeniño, CEP Valle-Inclán e á Escola de Música Municipal.
Durante as sesións, cada colexio mostrou o seu traballo. O CEIP Rosalía de Castro interpretou As Xaneiras e Vimos cantar, destacando o uso de instrumentos tradicionais e cotiáns como o acordeón, a pandeireta e unha botella de anís. Pola súa banda, o CEIP As Bizocas optou por Reises de Bendollo e Polo Nadal, acompañados pola sonoridade da gaita, o tambor e as castañolas.
O alumnado do CEIP Conmeniño presentou Folerpiña e a orixinal Panxoliña Beatle, utilizando piano, campás e pandeiretas. O CEP Valle-Inclán executou O meu Nadal perfecto e Panxoliña de todo o ano, cunha instrumentación moi rica que incluíu percusión forte (bombo, caixa, timbais) xunto con instrumentos modernos como a guitarra eléctrica. A Escola de Música pechou as actuacións individuais con Es de María e Poñen as campás ao ano.
O obxectivo final desta iniciativa foi a unión a través da música. Para pechar o acto, todos os colexios formaron un gran coro e cantaron ao unísono o clásico O sombreiro de palla. O Concello gravou a actuación e subiu o vídeo á súa canle de YouTube, asegurando que este exitoso acontecemento repetirase o ano que vén.
O pasado 23 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP Valle Inclán do Grove participamos nun obradoiro moi especial de percusión impartido por Didier Díaz Madan, director e docente do colectivo Ecopercusión.
Durante a actividade, todos os nenos e nenas tivemos a oportunidade de descubrir como facer música utilizando cubetas, paus e outros materiais de refugallo, aprendendo diferentes ritmos e formas de coordinación en grupo. Divididos en varios equipos, cada grupo preparou unha parte distinta da composición musical ata conseguir crear unha canción entre todos.
O taller estivo cheo de ritmo, traballo en equipo e moita diversión. Despois de varias sesións de práctica intensiva, rematamos cunha actuación para os cursos inferiores de Primaria, demostrando todo o aprendido durante o obradoiro.
A experiencia gustoumos moito a todos os participantes, que gozamos facendo música dun xeito creativo e sostible, ao mesmo tempo que tomamos conciencia da importancia de reutilizar materiais.
Sen dúbida, foi unha actividade diferente e moi enriquecedora para todo o alumnado participante.
Alumnado de 6º de primaria no curso de percusión
Entroido meco no CEIP Valle Inclán
Os medios de comunicación, tema dos disfraces deste curso, que lucíu o alumnado e profesorado do CEIP Valle Inclán.
No noso colexio o entroido comezou, como todos os anos, cos mandadiños diarios, desde traer algo na cabeza ata vir en pixama, cousa que aos nenos e nenas lles gusta moito; e incluso un día de disfrace libre, que se converte nun desfile de todo tipo de personaxes.
Semanas antes o alumnado de todos os cursos, orientados polos seus mestres e mestras, traballaron moito para preparar os seus disfraces con distintos materiais. Algunhas clases tamén prepararon unha canción para animar a celebración do venres, día grande do Entroido no colexio.
Ese día celebrouse un festival de Entroido. Este ano debido ao mal tempo, houbo que facer o desfile e a actuacións das comparsas, no ximnasio.
Todos os disfraces estaban relacionados co tema do PDI deste curso “Os medios de comunicación”. Os máis pequenos, os nenos e nenas de 4º de EI, convertéronse nuns equipados esquimós acompañados polas súas profes reporteiras; completaron o seu desfile, cunha canción sobre estes habitantes da Antártida. En 5º de EI viaxaron a Xapón e como xaponeses desfilaron facendo o baile do dragón. E os nenos e nenas de 6º de EI leváronos a Venecia e como gondoleiros desfilaron, mestres as súas mestras non perdían detalle como reporteiras.
O alumnado de 1º e 2º de E.P. foron disfrazados de pantallas, pero non de pantallas de ordenador ou televisión, foron de pantallas de Xinzo de Limia. Levaban globos que imitaban vexigas de vaca e desfilaron correndo, para que soaran os cascabeis que decoraban os seus cinturóns.
Os nenos e nenas de 3º A e a súa profesora, desfilaron como bailaríns de breakdance levando unha radio na man, feita por eles. E o alumnado de 3º B, foron de ratos, pero non de ratos de ordenador, senon dos roedores.
En 4º A todo o alumnado e a súa profesora disfrazáronse de futbolistas e desfilaron xogando co balón. Mestres que en 4º B eran reporteiros de todo tipo e cantaron unha canción preparada por eles e o seu profesor.
Os maiores do cole, os nenos e nenas de 5º e 6º de E P, elexiron ir disfrazados de reporteiros de guerra, levaban uns chalecos antibalas que fixeron eles mesmos coa axuda dos seus titores e uns grandes micrófonos para recoller toda a información nas zonas en conflito. Os nenos e nenas de 5º de E.P. tamén prepararon unha canción que eles compuxeron, coa supervisión do profesor de música.
Todos, alumnado e profesorado, disfrutaron moito deste animado festival, cargado de creatividade, humor, música e baile.
O alumnado disfrazado reunido no ximnasio
COMO CREAMOS EN CREATIVA?
No CEIP Valle Inclán do Grove, varias alumnas de 6º de primaria participan no club de Biblioteca creativa
Este curso na biblioteca creativa alumnas de 6º de primaria fixeron moitos proxectos coa impresora 3D, diseñados coa aplicación Tinkercad, como chaveiros e cadros personalizados.
Agora que remataron o curso de Impresión 3D, comezaron a facer chapas co logo do PDI deste curso “Voces de Ardia”. Este logo foi feito por unha destas alumnas, Samantha Sarahi Padrón Salazar.
Todos os traballos que fan están dirixidos polo director, Ramón López Marín. No tempo de lecer, Ramón explica a estas alumnas paso a paso, como formar cada diseño.
Está resultando unha experiencia moi formativa e sobre todo, moi creativa.
Un locutor de radio visita o C.E.I.P. Valle Inclán para ensinar os seus segredos
O alumnado de 5º de Primaria aprendeu a gravar e manexar a radio do colexio
O mércores 3 de decembro, os nenos e nenas de 5º de Primaria do C.E.I.P. Valle Inclán recibiron a visita dun locutor de radio profesional. Da man deste experto en comunicación, o alumnado tivo a oportunidade de descubrir como funciona a radio do propio colexio e de poñerse por primeira vez diante dun micrófono.
O locutor, chamado Gabriel, chegou ao centro con moitas ideas divertidas e, ao mesmo tempo, moi útiles para aprender a comunicar ben. Explicoulles ao alumnado os pasos que hai que seguir para converterse nun bo locutor ou locutora, e moitos nenos e nenas viviron a actividade con grande entusiasmo e moitas ganas de aprender.
Cando chegou o momento de pasar ao estudio e comezar a gravar, o grupo deuse conta de que un dos micrófonos non funcionaba correctamente. Malia este pequeno contratempo, Gabriel soubo sacarlles partido á situación e aproveitou para lembrarlle ao alumnado algo fundamental: "Para usar ben a radio, hai que facelo ben".
Para rematar a xornada, Gabriel organizou varios xogos prácticos nos que os alumnos e alumnas puideron experimentar tamén o traballo técnico que hai detrás de cada emisión. Unha forma de aprender que ninguén do grupo esquecerá axiña.
O alumnado de 5º poñendo en práctica o aprendido no curso
Erica Esmoris visita o C.E.I.P. Valle Inclán de O Grove
O alumnado de 5º e 6º coñeceu en persoa á autora do libro Erin e o lobo
O pasado 24 de marzo de 2026, o alumnado de 5º e 6º de Primaria do C.E.I.P. Valle Inclán de O Grove recibiu a visita da escritora Erica Esmoris. A autora achegouse ao centro despois de que o colexio adquirira o seu libro Erin e o lobo para o alumnado. Foi unha mañá chea de curiosidades, historias e libros firmados.
Durante a charla, Erica Esmoris compartiu co alumnado como foi o proceso de escribir o libro. Contoulles que unha amiga súa, experta en lobos, axudouna a crear o personaxe do lobo azul, achegándolle información real sobre estes animais. Grazas á súa colaboración, a escritora puido darlle máis vida a un dos personaxes máis especiais da historia.
A escritora tamén revelou que, antes de dedicarse á literatura, o seu soño era ser veterinaria polo seu grande amor polos animais. Ademais, confesou que algúns dos seus libros están inspirados en persoas reais, como é o caso de Erin e o lobo, cuxa protagonista está baseada na súa propia filla Erin.
Ao rematar o encontro, Erica Esmoris despediuse do alumnado cun gran sorriso, e todos puideron marchar á casa cun exemplar do libro firmado pola propia autora.
Libro asinado pola autora.
Erica Esmoris explicando como se lle ocurreu a idea de crear o libro de Erin e o lobo.
Os alumnos de 5º e 6º de Primaria aprenden a tocar percusión no Valle Inclán
O profesor Didier visita o colexio para impartir unha clase especial de percusión
O pasado 2 de febreiro de 2026, o alumnado de 5º e 6º de Primaria do C.E.I.P. Valle Inclán viviu unha mañá moi especial. Un profesor de música chamado Didier achegouse ao centro para ensinarlles a tocar percusión. Os alumnos e alumnas formaron pequenos grupos e cada un foi descubrindo os ritmos e as posibilidades deste instrumento.
A actividade contou coa participación de toda a clase, e dous mestres traballaron xunto ao profesor Didier para atender ao alumnado durante a sesión. A dinámica de grupos pequenos permitiu que cada neno e nena puidese probar o instrumento e practicar diferentes ritmos dunha forma divertida e ordenada.
O profesor Didier non tardou en compartir un consello clave co alumnado: "Para tocar a batería tes que mirar ao fronte". Unha indicación sinxela pero moi importante para manter o ritmo e a concentración mentres se toca.
Ao rematar a sesión, o alumnado de 5º e 6º tivo que poñer en práctica todo o aprendido diante dos nenos e nenas de 1º de Primaria, que se achegaron para ver a actuación. Antes da chegada dos máis pequenos, os alumnos aproveitaron os últimos dez minutos para repasar e afinar o que ían mostrar.
O alumnado de 5º de Primaria tocando percusión
Alumnado de 6º de primaria participa un ano máis nos xogos populares de Nantes
O alumnado de 6º de primaria do CEIP Valle Inclán reúnese con alumnos doutros centros da contorna para participar en diversos xogos populares.
Nenos e nenas de 6º de E P desprazáronse a Nantes acompañados polo seu mestre de
E F. Alí puideron interactuar con alumnado doutros centros mestres participaban en diversos xogos populares galegos como: a billarda, os bolos celtas e a chave.
A finalidade desta actividade é recordar antigos xogos galegos e darlle vida nas novas xeracións. Todos os nenos e nenas que participan están de acordo en algo: “ Pasamos un bo rato “
Escolares nun dos xogos
Visita ao IES Bizocas do alumnado de 6º de Primaria
O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Valle Inclán do Grove visita o instituto As Bizocas.
As nenas e nenos de 6º de Primaria do CEIP Valle Inclán do Grove visitaron o IES As Bizocas para ter unha primeira toma de contacto co centro no que a maioría deles estudarán o vindeiro curso.
A principios de maio a titora de 6º de Primaria comentoulle ao alumnado que o 25 de maio tería lugar a visita ao Instituto das Bizocas (San Vicente) xa que o vindeiro curso comezarían alí a maioría deles, unha nova etapa, a ESO.
Chegou o día no que fixeron o traxecto en autobús ata o Instituto e alí estaba esperándolles o Orientador do centro.
En primeiro lugar, a directora do centro deulles a benvida. A continuación, varios alumnos e alumnas do instituto de distintos niveis da ESO, faláronlles da súa experiencia na etapa. Seguidamente ensináronlles as instalacións do centro: aulas das distintas especialidades, o laboratorio, a biblioteca, o ximnasio, o horto escolar, o patio…e o lugar preferido do alumnado que é a cafetería. Os profesores das distintas materias faláronlles das actividades que realizaban e ata puideron disfrutar dunha actuación musical instrumental levada a cabo por varios alumnos e alumnas na aula de música, xunto coa súa profesora.
A visita rematou na cafetería para disfrutar dunha merenda que lle tiñan preparada.
Todo o alumnado coincidíu en que o instituto está situado nunha zona moi bonita preto do mar e con esta visita perderon os medos que tiñan a comezar a nova etapa.
Os escolares na aula de música do IES Bizocas
Representación da obra “El rey que no sabía reciclar” no CEIP Valle Inclán
O alumnado de 6º de Primaria ensaiou e interpretou a obra de teatro “El rey que no sabía reciclar”
Un ano máis os nenos e nenas de 6º de primaria rematan o curso e a etapa coa representación dunha obra teatral. Este ano trátase da obra “ El rey que no sabía reciclar” escrita polo dramaturgo Vicente Cañón Verdasco. Esta obra representarase os días 15, 16 e 17 de xuño na biblioteca do centro.
Isto implicou que o alumnado tivera que dedicar moitas sesións a ensaiar coa súa titora. Tamén elaboraron eles mesmos o decorado para a función. Neste proceso houbo moito esforzo pola súa parte e moita dedicación. Aínda que foi bastante difícil, o alumnado aprendeuse completamente o seu papel e tamén aportaron ideas que axudaron a que a obra fora todo un éxito.
Malía que supuxo bastante esforzo por parte de todos preparar esta obra de teatro, os nenos e nenas de 6º de Primaria pasárono moi ben representándoa e divertíronse moito. Da mesma maneira o público disfrutou moito mirándoa.
Parte do alumnado nun ensaio da obra
Visita ao congreso FP Innova 2026 de escolares de 5º e 6º de Primaria
O alumnado de 5º e 6º de primaria visitaron, na Cidade da cultura de Santiago de Compostela, os proxectos innovadores presentados no Congreso FP Innova 2026.
O venres 26 de abril, o alumnado de 5º e 6º de primaria xunto cos seus mestres fixeron unha excursión a Santiago de Compostela. Primeiramente dirixíronse á Cidade da Cultura para visitar a exposición de FP Innova 2026 na que os estudantes de Formación Profesional presentaron proxectos innovadores de tecnoloxía, sostenibilidade e emprendemento.
Os escolares tiveron a oportunidade de participar en obradoiros de cociña, de estética e de robótica entre outros. Descubriron proxectos de drones, cestería, elaboración de alimentos e novas formas de aprendizaxe nun entorno creativo.
Visitaron os stands da exposición, algúns dos que máis lle gustaron foron “o armario virtual”, no que participaron elexindo as prendas que lles gustaría levar; o de perruquería, no que se peitearon cunhas trenzas moi favorecedoras; os doces de Sandra, no que degustaron biscoitos… E moitos máis como os xogos de ciencia, o DJ, as chapas, os robots, o simulador do avión ou o robot axedrez… Os nenos e nenas quedaron entusiasmados e sorprendidos coa experiencia.
Ao rematar saíron da Cidade da Cultura camiñando cara Santiago. Pararon para comer á sombra dunhas árbores, para logo continuar a súa marcha ata a Praza do Obradoiro. Tamén aproveitaron para degustar un saboroso xeado e comprar un souvenir de recordo deste inolvidable día.
Escolares na súa visita a Santiago
Charla e avistamento de aves para o alumnado de 6º de primaria.
O alumnado de 6º de primaria do CEIP Valle Inclán participa nunha actividade educativa ambiental orientada a dar a coñecer a biodiversidade do noso contorno.
A actividade dividiuse en dúas partes: unha parte teórica que tivo lugar no centro e unha parte práctica que se levou a cabo na praia da Mexilloeira.
Primeiramente o alumnado participou nunha charla interactiva centrada nunha das especies máis vulnerables da nosa costa: a píllara das dunas (Charadrius alexandrinus). Durante a sesión, os rapaces e rapazas aprenderon a identificala polas súas características, descubriron como é seu ciclo de vida, cal é o seu hábitat natural e, sobre todo, que coidados e medidas debemos tomar para protexela.
A continuación os nenos e nenas de 6.º de Primaria desprazáronse en autobús ata a praia da Mexilloeira. Alí, equipados con material de observación, desfrutaron dunha xornada de avistamento de aves no seu propio medio. A través dos primáticos e dos telescopios puideron observar diversas aves do entorno litoral, mentres apuntaban no seu caderno de campo toda a información.
Ao final da actividade sorteáronse entre o alumnado varias revistas sobre aves.
Esta saída permitiulles conectar directamente coa natureza e concienciarse sobre a importancia de respectar os espazos de nidificación das aves.
Alumnado na praia da Mexilloeira
Excursión de fin de curso de 6º de Primaria á Illa de Ons
O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Valle Inclán do Grove disfruta de dous inolvidables días de convivencia na Illa de Ons.
A Illa de Ons foi elexida un ano máis para facer a excursión de fin de curso dos nenos e nenas de 6º. Dezaseis nenos e nenas da clase, cheos de alegría e ilusión prepararon as súas mochilas para pasar dous días fóra da casa e olvidarse das clases.
O xoves 28 de maio estes nenos, xunto con dúas das súas mestras e unha monitora, partiron pola mañá do porto de Portonovo cara a Illa de Ons.
Repartidos en grupos ocuparon cabañas e tendas no Camping da Illa. Comeron, cearon e almorzaron xuntos e preto de nenos de dous colexios máis que, coma eles, estaban aloxados no camping.
Disfrutaron dunha tarde de praia e xogos, dirixidos pola súa monitora, momento no que interactuaron con nenos doutro colexio. Pola noite, despois da cea, tiveron unha velada musical durante a cal puideron cantar e bailar. A música e o baile sorprendianos cando menos o esperaban, como foi para levantarse o venres 29 ou para desaiunar.
Fixeron andainas pola illa para ir a comer, ao restaurante, ao camping… pero a máis longa foi a ruta do “Buraco do inferno”, durante a cal puideron disfrutar dunhas vistas impresionantes, saber da maxia dese incrible lugar e experimentar o contacto coa natureza.
O regreso fíxose no mesmo barco que a ida e a música e o baile, unha vez máis, animou ese momento. No porto de Portonovo estaban esperándoos as súas familias.
Foi unha experiencia que quedará no recordo de todos os nenos.
O grupo de nenos e nenas na entrada do camping