CARREIRA SOLIDARIA PARA AXUDAR A NENOS CON LEUCEMIA
Os alumnos e mestres do CEIP Valle Inclán correron no patio do colexio e
recaudaron fondos para a investigación contra a leucemia infantil.
O venres 28 de novembro de 2025 o profesorado e os nenos do CEIP Valle Inclán
celebraron unha carreira solidaria en contribución dos nenos con leucemia que
necesitan axuda para seguir investigando sobre esta dura enfermidade, a través da
organización Unoentrecienmil.
A carreira consistiu en dar voltas ao patio do seguinte xeito: infantil, media volta;
primer ciclo, unha volta; segundo ciclo, dúas voltas; tercer ciclo, tres voltas e o
profesorado unha volta ao patio. Demostraron moitas gañas e solidariedade.
Antes da carreira, todos os alumnos prepararon un sobre na casa xunto coas súas
familias. Dentro podían introducir moedas ou billetes como donativo para colaborar
coa causa e escribir unha mensaxe de ánimo. Estes cartos destinaranse á
investigación médica para atopar curas e mellorar a vida dos nenos que padecen
esta enfermidade .
Ademais, aprendemos a importancia de axudar aos demais e de poñernos no lugar
dos nenos que non poden levar unha vida normal debido á leucemia. Foi unha
actividade moi emocionante na que, ademais de facer exercicio, demostramos que
entre todos podemos conseguir grandes cousas.