Theremin

Que é o Theremin:

O theremin é un instrumento musical electrónico controlado por un theremista sen a necesidade de ter contacto físico. Serve para controlar a frecuencia e o ton da música; foi inventado en 1920, por Leon Theremin, durante a Unión Soviética, consiste nunha caixa con dous tubos de radio que producen oscilacións na frecuencia das ondas sonoras.

Cómo funciona o Theremin:

O thereminista controla o instrumento dende lonxe, co movemento das mans ao aire libre; presenta unha antena de metal na parte dereita e un bucle de metal na parte esquerda, ao aproximarse ou alonxarse destas estruturas prodúcese un son determinado. Cada estructura controla unha cousa: coa aproximación da man á antena (dereita), o son vólvese cada vez máis agudo, e ao aproximar a man ao bucle (esquerda) de forma horizontal, o son vai decrecendo. É complicado de aprender, pero despois, podes producir o sonido que queoras dependendo das túas habilidades creativas.

Aínda que no video a aproximación ao theremin só cambia a súa forma de pitar, pódese usar tamén o theremin acompañado a unha música, dándolle así máis énfase ás notas.

Theremines con arduino


No video de ao lado podemos ver un traballo moi creativo no que fixeron un theremin cun arduino, un sensor de proximidade e un zumbador. No exemplo do libro emprega un libro para controlar o ton e a frecuencia do bip, así, cando se aproxima moito co libro, o bip para de pitar.

Posteriormente, empaqueta o arduino, os cables e os aparellos en forma de caixa, dando un aspecto mais bonito ao theremin.

Deseño propio.

Utilizando un arduino fixemos un theremin. O deseño exterior utilizado foi o da dereita: unha pirámide cuxa base é un rectángulo de 12cm de alto e 15 cm de base, a altura da pirámide é de 13.5 cm.

Dentro hai un arduino que ten conectado un sensor ultrasónico que detecta cando hai un obxecto cerca. Así, tras programar a placa, emítense sons a través do zumbador, e as luces LED van cambiando de color dependendo do que detecte o sensor ultrasónico.

Facendo isto, logramos facer un theremin utilizando cartolina e un arduino.

Ademais, tamén fixemos unha adaptación do Theremin empregando Scratch e unha placa Microbit. Nesta adaptación unicamente é necesario que se mova o pescozo para poder facer o mesmo que se faría cun Theremin habitual. Para poder velo preme aquí.

Fontes de información: Theremin Wikipedia, Arduino Theremin, Foto e Info