Fenderino adaptado

Que é o Fenderino?

Fenderino (Aquí outro link cara o proxecto) é unha placa que pode ser utilizada conxuntamente cun microcontrolador de Arduino para fabricar unha especie de mini-guitarra electrónica. Funciona cunha serie de botóns que ao seren pulsados fan ás notas sonar, e isto é do que nos imos aproveitar para modificar este proxecto.

Modificacións

A modificación principal feita, é a adición de botóns maiores para axudar a premelos a calquera con problemas de movilidade. Para isto, utilizamos dous tipos de botóns, uns deles, como os da fotografía, xa fabricados; e outros impresos en 3D. Temos estes dous tipos de botóns distintos principalmente pola facilidade dos botóns impresos para seren reproducidos a baixo costo.

Este é un proxecto en colaboración con CEE NªSra de Lourdes (Aspronaga) para Aspace. O grupo da clase laranxa deunos os botóns, impresos en 3D. E explicáronnos tamén que decidiran crear eles mesmos os botóns polos problemas co custo dos botóns grandes, que non ofrecían unha vantaxe proporcionada co custo. Eles fixeron os modelos en 3D dos botóns impresos e aquí, no instituto, ensináronnos a rematalos cos compoñentes electrónicos, cos talleres que fixemos con eles, tanto os alumnos de 4º da ESO como os de 2º de Bach.

Pulsadores adaptados

Charla co grupo da Clase Laranxa

Taller Soldadura coa Clase Laranxa

Foto coa Clase Laranxa

Nestes talleres, explicáronnos como preparar os botóns utilizando pulsadores e cables, que soldamos para que o pulsador quedara dentro do botón impreso, mentres que o cable queda fóra, conectado a un adaptador que máis adiante irá conectado ao fenderino.

O primeiro que fixemos foi cortar os cables e pelalos, para así unilos ao pulsador máis facilmente. Este vai colocado na primeira peza do botón, unha especie de base que contén a este pulsador e permite a saída dos cables. Unha vez colocado, colócase unha tapa e unha peza, semellante a un anel que serve para cerrar o botón. Finalmente os cables que quedan fóra son cortados ata a lonxitude desexada e outra vez pelados. Estes son soldados, á súa vez a un jack, que conectaremos despois a outros que saen do fenderino. Isto é dado que os botóns deben de poder ser intercambiables por se calquera avaría sucedera.

Soldadura dun botón

Alumnado soldando

Montaxe do pulsador

Pulsadores rematados

Unha parte importante do proceso da montaxe foi a comprobación de que todas as diferentes partes funcionaban de xeito adecuado. Para isto, probamos cada un dos botóns, previamente á instalación, por se houbera calquera problema, a pesar de que os botóns poden ser sinxelamente reemplazados.

VID20220317122613.mp4

Proxecto Talentos Inclusivos

Fixemos este proxecto como parte das actividades de "Talentos Inclusivos", neste caso, tentamos que funcione como un instrumento adaptado á mobilidade reducida, principalmente para persoas que si teñan a capacidade de moves as extremidades pero non teñan a suficiente habilidade ou precisión que normalmente é requerida ao tocar un instrumento corrente. Neste caso, centrámonos en facer que os botóns tiveran un gran tamaño para que fora sinxelo pulsalos, e ademáis utilizamos unha serie de cores que representan as notas da escala musical.

O proxecto en si mesmo non so conta con estes botóns, senón que tamén preparamos unhas táboas de madeira nas que irán colocados. A idea en si mesma é facer unha táboa a modo de instrumento, cos botóns, e co propio Fenderino, para que poida ser algo "compacto" e non teña que ser montado para cada uso. Nestas tablas marcamos, en forma de semicircunferencia, aproximadamente, unha serie de posicións para os botóns, de maneira que estén colocados a unnha distancia semellante do usuario. Estes botóns van xa sexa pegados á táboa con pegamento, ou parafusados, cousa que o propio modelo ten en conta, con dous buratos para os parafusos.

Unha vez queda todo isto colocado, o Fenderino vai colocado enriba do soporte, cunha serie de conectados cós botóns.

Pulsadores sendo colocados na táboa de madeira

Os dous modelos rematados

Ficha Técnica Fenderino
VID20220608125327.mp4
VID20220603105229.mp4
VID-20220609-WA0000.mp4