Xogos musicais adaptados

Nesta paxina web están recollidos uns xogos musicais para persoas con mobilidade reducida.

Estes proxectos están feitos e deseñados por alumnado de IES Ramón Menéndez Pidal —nas asignaturas de Tecnoloxía, Tecnoloxía Industrial e TIC— para membros de ASPACE Coruña (Asociación de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral) e en colaboración có CITIC da UDC a través do proxecto Talentos inclusivos.


O proxecto encádrase dentro do proxecto Talentos Inclusivos, polo cal se buscan solucións para os problemas de persoas con problemas. O motivo polo cal eran necesarios estes xogos é porque, polas súas limitacións físicas, os membros de ASPACE non poden tocar instrumentos normais.

Polo tanto, fixéronse instrumentos e xogos que se adaptan á persoas coa mobilidade reducida. Entre os proxectos atopamos os seguintes:

Uso proposto da placa microbit

Xogos que usan a placa microbit. Permiten que unha persona, movendo únicamente o pescozo, poida facer soar distintas cancións ou xogar con instrumentos. Dependendo do xogo haberá a opción de que soen 4 ou 5 cancións ou que as cancións teñan un único instrumento... ou varios.

Fenderino adaptado. Consiste nunha adaptación do fenderino, unha pequena guitarra controlada con Arduino que permite o uso de diferentes librerías de son , para personas con menos axilidade. Mediante grandes pulsadores adaptados para personas con mobilidade reducida poderán accionar as teclas do fenderino.

Theremin. Consiste nunha adaptación, usando una placa arduino ou microbit, de theremin. Sen tocar, empregando sensores de distancia se pode xogar con sons e luces.

Proceso de deseño dun xogo coa placa Microbit

Dous fenderinos

Theremin