BODHRAN, PERCUSIÓNS E VOZ
Dende ben cativo ao mando das percusións, por iso vaite atrapar o bater do seu pulso.
A súa curiosidade lévao a investigar novas tímbricas en instrumentos como: o bodhran, a caixa de pimentón, os crótalos, shakers, pads, etc. Ao mesmo tempo que apoia coa voz, nos coros, Migui tamén explora novos ritmos e acompañamentos co seu bouzouki.
Coproductor do proxecto e membro fundador desta aventura. Sempre explorando os límites da música.
VOZ E GUITARRA
Coa forza e vitalidade da súa voz, vai relatando distintas historias traídas doutra realidade.
Sempre da man da súa guitarra acústica, aínda que tamén explora sons con outros instrumentos, como o novo instrumento de vento co que está experimentando.
Compositora dos temas do proxecto, sempre coa mirada posta na relación da sociedade coa natureza. Reivindicando a protección do patrimonio cultural e natural de Galicia.
Cibrán mailo seu violín son un. Coa súa innumerable sección de pedais de efectos vai creando as atmósferas perfectas para as historias doutros mundos. E se lle sumas que cos pés toca o sintetizador de baixos...
A viaxe sonora está asegurada.
Ademáis, é o noso mestre no son cando imos ao seu estudio. Arregla as nosas armonías e é coproductor musical.
CURIOSIDADES
Xunto coa gran baixista Lucía Fernández, foi un pracer poder tocar esa época xuntas.