04/10
VIFDEOCLIP DE
AGARDANDO O MENCER
FOLK TRIBAL
ÁLBUM VACALOURA
XA DISPOÑIBLE EN TODAS AS PLATAFORMAS!
VACALOURA
'Vacaloura' representa unha nova etapa na carreira do trío de música Folk Tribal, Zeltia Irevire, consolidando o seu traballo musical. O álbum, que contén unha coidadosa selección de cancións orixinais e profundamente emotivas, destaca pola particularidad de que a maioría das cancións están afinadas nunha frecuencia máis grave do habitual (432hz), como unha aposta da compositora e cantante, que explora así con curiosidade novas posibilidades co son.
Conta coa colaboración de diferentes artistas locais e internacionais como Luz Fandiño, poeta referente en Galicia, ou Leo Genovesse, gañador do premio Grammy ao mellor solo jazzístico instrumental en 2023.
Coma unha vacaloura que fai a metamorfose, este disco bota a voar.
ÚLTIMAS NOVAS!
Xoves 2 de Novembro Faro de Vigo, Sección Faro de Cultura.
Grazas ao compañeiro Vituco que redactou esta nota de prensa espectacular que vos introduce o noso álbum "Vacaloura" e as artistas que participaron nel. Destapando curiosidades algunhas curiosidades da nosa traxectoria.
Sen dúbida góstanos moito este artículo que amosa o traballo destes anos.
Tamén estivemos en...
Diario Cultural da Radio Galega
con Belén Regueira
con Belén Regueira
Falando un pouco de nós e do álbum Vacaloura.
Entrevista completa eiquí:
http://www.diariocultural.gal/diario-cultural/vacaloura-o-primeiro-disco-de-zeltia-irevire/
Programa Xente Maravillosa da TVG
Programa compreto aquí!
Zeltia Irevire en Xente Maravillosa
https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/idadismo-6298520
04/1IDEOCLIP DE
VIDEOCLIP- AGARDANDO O MENCER
AGARDANDO O MENCER
VIDEOCLIP OFICIAL
Realización audiovisual: Xaime Miranda
Operadoras de cámara: Gloria Campello e Marta Rodríguez
Diseño gráfico: Ana Crujeiras
Gravado na vila de Cangas do Morrazo coa colaboración dos/as percebeiros/as da Cofradía de San José, as redeiras da Asociación de Redeiras "O Cerco" e a "Taberna do Jefe".
Agradecementos especiais a familia e aos amigos e amigas que participaron connosco na foliada.
Agardando o mencer ilustración por Ana Crujeiras Fernández
Captando o sentimento agochado na capa superficial da pel no momento do mencer. Esa sintonía co mundo que habitas, esa calma que aporta claridade e comeza o día co lume no peito.
VIDEOCLIP
- A LOBA -
A LOBA
GRAVADO NOS ESTUDIOS MANS (A CORUÑA)
PRIMEIRO PREMIO DO CONCURSO "SONIDOS MANS SALAS" 2022
PRIMEIRO PREMIO DO CONCURSO "SONIDOS MANS SALAS" 2022
DESEÑO GRÁFICO POR ANA CRUJEIRAS FERNÁNDEZ