Neste intre estades a piques de comezar unha apaixoante aventura. Formades parte do equipo de científicos e exploradores que teñen como misión realiazar un estudo, en profundidade, sobre o noso Sistema Solar.
Estas son as tarefas que teredes que levar a cabo ao longo da vosa misión:
- Tarefa 1: Formar pequenos grupos de traballo para que vos sexa máis doado enfrentarvos aos desafíos propostos.
- Tarefa 2: Pescudar, na rede, información sobre o que é o Sistema Solar e cales son os seus elementos.
- Tarefa 3: Buscar e recompilar información sobre o Sol e os Planetas.
- Tarefa 4: Buscar e recompilar información sobre o que son os satélites e asteroides.
- Tarefa 5: Buscar e recompilar información sobre os cometas e meteoroides.