- Xustificación:
Esta actividade está pensada para introducir, de xeito guiado, ao alumnado de 3º de Primaria na adquisición das competencias necesarias para a búsqueda, manexo e comunicación da información atopada en internet. A elección do tema fixémola tendo en conta os intereses do noso alumnado e a relación cos contidos curriculares da área de Ciencias Sociais.
Aínda que é ubha actividade creada principalmente para que o alumnado traballe en pequenos grupos, tamén pode utilizarse de forma individual.
2. Nivel:
3. Áreas implicadas:
- Ciencias Socias
- Linguas
- Plástica
4.- Obxectivos:
- Coñecer que é o Sistema Solar
- Enumerar e coñecer que son os planetas
- Clasificar os planetas en maiores e menores así como coñecer algunhas características dos mesmos
- Coñecer que son os satélites
- Distinguir o que son os asteroides, cometas e meteroides.
- Buscar, seleccionar e comunicar información atopada en Internet.
- Elaborar documentos empregando o procesador de textos e unha presentación.
5. Contidos:
- O Sistema Solar e os seus elementos: o Sol e os Planetas
- Tipos de Planetas
- Outros elementos que forman parte do Sistema Solar: os satélites, asteroides, cometas e meteroides
- Búsqueda e selección de información na web
- Elaboración de traballos empregando as TIC
6. Temporalización:
- A modo orientativo e dependendo das características do grupo de alumnos de 8 a 10 sesións.
7. Recursos:
- Páxinas web proporcionadas ao alumnado
- Aula de informática do centro
- Os materiais necesarios para a realización do traballo requerido.