1.- INVESTIGACIÓN

A túa mestra dirache que especie che corresponde das listas de abaixo. Deberás facer unha investigación sobre a mesma consultando nas ligazóns do apartado RECURSOS.

Recoméndoche que o primeiro que fagas sexa buscar o nome en galego, español e o científico.

Despois busca información sobre a especie e fai a súa descrición. Escolle e abre as ligazóns que máis che conveñan.

Se se trata dun vexetal dirás se é árbore, arbusto ou herbácea, despois o tipo de follas, froito, se é de folla perenne ou caduca, etc.

Se é animal de que tipo é, como se reproduce, como se alimenta....

Despois algunha curiosidade, como para que se utiliza, se viven aquí ou están de paso, vale algún refrán ou poesía, etc.

FAUNA


FLORA