Fauna e flora do bosque do Añón

Agora que xa remataches a tarefa, vas avaliarte, para saber se traballaches axeitadamente ou non.

AUTOAVALIACIÓN DO ALUMANADO.

Contesta cada pregunta con Si/Sempre, Ás veces, Non/ Pouco

  1. Comportácheste ben na aula durante a realización da webquest.

  2. Visitaches as ligazóns recomendadas.

  3. Gustouche esta actividade e pasáchelo ben facéndoa.

  4. Escoitaches e respectaches as opinións d@s túas compañeir@s de clase.

  5. Realizaches as tarefas encomendadas na orde establecida.

  6. Esforzácheste na elaboración do traballo

  7. Revisaches o traballo antes de entregalo.

  8. Participaches na exposición final dos traballos.

  9. Lograches adquirir coñecementos básicos sobre o tema tratado.

Ao rematar a tarefa, a mestra titora vai avaliarte cos seguintes criterios

AVALIACIÓN DA MESTRA OU MESTRE

BEN, REGULAR , MELLORABLE

EXPRESIÓN ESCRITA

Frases ben elaboradas e vocabulario abundante. Frases elaboradas e vocabulario axeitado. Frases simples e vocabulario escaso

ORTOGRAFÍA E GRAMÁTICA

Sen erros gramaticais e ortográficos. Algúns erros gramaticais ou ortográficos. Moitos erros gramaticais ou ortográficos.

CONTIDOS

A información é correcta, clara e precisa. Unha gran porcentaxe da información é correcta, clara ou precisa. Hai varios erros na información do traballo.

PRESENTACIÓN

É un traballo atractivo. É un traballo relativamente atractivo. Non é nada atractivo.

ORGANIZACIÓN

Información con índice, títulos e subtítulos moi claros. Información con índice, títulos e subtítulos. Información pouco organizada.

EXPOSICIÓN

Atractiva, usa boas imaxes. Usa imaxes. Evita a utilización das imaxes