A BANDA



Deteriorados & Company é unha banda de Country & Blues Heroico do Delta do Morrazo, a punta da lanza comunicativa do proxecto de innovación social interxeracional Deteriorados.

Está composta por cinco persoas con idades cronolóxicas comprendidas dende a veintena ata a setentena. Formada por dúas persoas xubiladas: un profesor asociado da USC (Universidade de Santiago de Compostela) e un ex traballador do Concello de Vigo, ademais dunha pianista estoniana, un profesor universitario e unha recén graduada.

Caracterizados por un estilo moi singular, uns instrumentos pouco convencionais e un repertorio exclusivo, dende Deteriorados & Company levamos en forma musical a nosa por toda a comunidade galega. En vez de ir con un powerpoint, facémolo con música.