Country & Blues Heróico do Delta do Morrazo
Un proxecto de Innovación Social Interxeracional para promover a lonxevidade audaz e desterrar o idadismo
Country & Blues Heróico do Delta do Morrazo
Un proxecto de Innovación Social Interxeracional para promover a lonxevidade audaz e desterrar o idadismo
Abogamos por crear un lugar de encontro entre a mocidade e as persoas maiores que, con actitude colaborativa, queren seguir achegando coñecemento e experiencia á sociedade máis alá da xubilación. E sobre todo, que están interesados en deixar o seu legado nunha interacción interxeracional activa, transferindo á sociedade os seus excedentes de coñecemento e recibindo da mocidade a súa ousadía e vitalidade.
Para Deteriorados & Company, ademais de aprender a envellecer desde neno é necesario e urxente empoderar a palabra vello e vella, e desprendela dos prexuizos etarios que habitalmente a acompañan, así como desterrar outras acepcións do tipo: sénior, terceira idade… que non son máis que puros eufemismos. En lugar de presentar o noso proxecto cun Powepoint, facémolo con música.
A palabra vello e vella necesita romper cos estereotipos negativos que leva asociados e gritar que existe unha nova xeración de maiores: vellos e vellas militantes e orgullosos de ter chegado á lonxevidade cun espírito interxeracional. Por todo o dito afirmámonos en que: "vella/o sí, porque a outra opción é peor".