A estas alturas, en Roma é previsible que haxa o mesmo tempo inclemente que temos aquí, pero deberemos estar ao tanto nas datas anteriores á viaxe.
Para catro días deberíamos levar ropa suficiente e axeitada para as temperaturas, moitos lugares de visita son de culto polo que hai que ter en conta o protocolo de vestimenta e como estamos en inverno non temos problema.
O calzado ten que ser cómodo e usado, non debemos estrear calzado cando imos a camiñar moito.
O equipaxe non pode exceder os 20kg. NON levaremos equipaxe de cabina agás unha mochila pequena* que logo nos servirá para levar auga e algún snack.
Aqueles rapaces que soen tomar algunha medicación para dor de cabeza, regla ou indisposición leve, deberían levar aquelo que lles soe funcionar (paracetamol, saldeva, ibuprofeno...)
Os que teñen pautada medicación específica según a doenza xa a levan e sería recomendable que llo comentaran ás profesoras acompañantes.
No enlace atoparedes as frases máis comúns para poder comunicarnos e practicar.