A estas alturas, en Roma é previsible que haxa o mesmo tempo inclemente que temos aquí, pero deberemos estar ao tanto nas datas anteriores á viaxe.
Para catro días deberíamos levar ropa suficiente e axeitada para as temperaturas, moitos lugares de visita son de culto polo que hai que ter en conta o protocolo de vestimenta e como estamos en inverno non temos problema.
O calzado ten que ser cómodo e usado, non debemos estrear calzado cando imos a camiñar moito.
O equipaxe non pode exceder os 20kg. NON levaremos equipaxe de cabina agás unha mochila pequena* que logo nos servirá para levar auga e algún snack.
No enlace atoparedes as frases máis comúns para poder comunicarnos e practicar.