PRESENTACIÓN

Existen situacións reais sobre as que debemos actuar. A sociedade da información e do coñecemento na que estamos inmersos trae consigo unha nova maneira de entender a educación. Este cambio supón o paso dunha educación académica-individual a unha sociedade da aprendizaxe, baseada en competencias, cuxo desempeño é fundamental para afrontar os retos que o alumnado deberá abordar en diversas situacións e contextos ó longo do seu ciclo vital.


Estos retos requiren unhamaior especialización de centros e docentes para dar cobertura e solución a necesidades e cuestións plantexadas polo alumnado nunha sociedade cambiante e en constante evolución debido a avances tecnolóxicos, o acceso á información e a actitude do noso alumnado ante estes factores.


A nosa sociedade, e concretamente o noso alumnado, caracterízase por un aumento do sedentarismo e o estrés, consecuencia de cambios, hábitos e formas de vida actuais (influenciados por ditos avances tecnolóxicos e os últimos acontecementos que obrigaron á sociedade a permanecer en confinamento); isto produce unha diminución das capacidades e funcións corporais. Ante isto, diversidade de organismos autonómicos, nacionais e internacionais recomendan a práctica diaria de exercicio físico e, algunhas, propoñen unha duración de 60 minutos ó día. 


Este novo enfoque da concepión da educación xustifica replantexar un novo modelo de entender a Educación Física. O currículum competencial demanda que a nosa materia vaia máis lonxe da iniciación deportiva e da práctica física e recreativa. O reto está en contextualizar os contidos disciplinares no marco dun centro educativo comprometido con unha educación de Calidade, inclusiva, máis participativa e respetuosa co medio ambiente  e as demáis persoas, coa finalidade de inculcar no alumnado un estilo de vida activo, saudable e autónomo.


Ademáis, será preciso aunar esforzos de toda a comunidade educativa coas familias e diversas institucións, potenciando o valor da Educación Física no ámbito educativo, dado que o ser humano é un ser social que precisa moverse, relacionarse, xogar e aprender; todo isto se realizará atendendo á diversidade do alumnado dende unha visión holística e interdisciplinar, e un carácter práctico e vivencial.


Desde xeito, e como se referenciaba anteriormente, estaremos contribuindo a fomentar no alumnado e nas súas familias un estilo de vida activo, saudable e autónomo para que a práctica de exercicio físico teña unha continuidade fora do ámbito escolar.

Fonte imaxe: Google