ACTIVIDADES

RECREOS ACTIVOS.

En outubro de 2023 comezamos os recreos activos no IES Vilar Ponte, onde se presta diversidade de material do Departamento de Educación Física para que o alumnado poida facer exercicio físico durante este tempo co obxectivo de seguir inclulcando na comunidade educativa un estilo de vida activo, saudable e autónomo.

TORNEOS DURANTE OS RECREOS.

Colpbol, Baloncesto, Fútbol, Brilé, Bádminton.

GARDAS ACTIVAS.

O obxectivo das gardas activas é fomentar a práctica de exercicio físico no noso alumnado durante a xornada escolar. Naquelas gardas nas que é posible ter ó alumnado nalgunha instalación deportiva, aproveitamos para favorecer a práctica de diversidade de deportes. Nestes casos emprégase o material do Departamento de Educación Física.

XOGADE - CARREIRA DE ORIENTACIÓN NO MONTE DE SAN ROQUE (VIVEIRO).

O 27 de outubro de 2023 celebrouse no Monte de San Roque (Viveiro) unha carreira de Orientación Deportiva organizada por Xogade e Roqsport-Viveiro.

Nesta xornada na que tamén estaban presentes institutos da Mariña, participou o noso alumnado de 3º e 4º ESO.

XOGADE - XORNADA DE CONVIVENCIA DEPORTIVA CROS ESCOLAR - (LOURENZÁ).

O 17 de novembro de 2023o alumnado de 1º e 2º ESO participou na xornada de convivencia de Cros Escolar celebrada en Lourenzá, onde tamén participaron outros centros educativos da Mariña.

Aquí podedes ver algunas fotos:

ALIMENTACIÓN SAUDABLE.

O alumnado de 3º ESO desenvolveu unha actividade sobre alimentación e saúde dentro da materia de Bioloxía. Traballaron contidos como: Alimentos en nutrientes, Dieta saudable, Cálculo de IMC e de TMB, Enfermidades relacionadas coa alimentación (anorexia, bulimia…), Actividade: elaboración dun prato de Harvard.

O obxectivo desta actividade era coñecer o modelo de plato de Harvard que serve como guía para comer de xeito saudable. 

Coa axuda dalgún adulto do seu fogar, os alumnos e alumnas tiñan que cociñar un prato de Harvard e facer un informe que incluíse: fotografía do prato e xustificación da elección dos alimentos. Recurso para o cálculo de calorías: 

https://recetasdecocina.elmundo.es/tabla-calorias

Aquí tedes algunhas fotografías:


PRIMEIROS AUXILIOS E SOPORTE VITAL BÁSICO.

En outubro de 2023, o alumnado de 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO e 1º BACH do IES Vilar Ponte ampliou os seus coñecementos en Primeiros Auxilios durante diversas clases de Educación Física. Aprenderon principalmente como actuar en situacións de emerxencia e como facer unha reanimación cardiopulmonar (RCP).

Traballan con maniquíes e DESA, material cedido polos CFR de Burela e Lugo.

Celebrouse tamén no IES a "Semana dos Primeiros Auxilios", na que o alumnado de 2º BACH puido practicar e ampliar os seus coñecementos durante os recreos e, ademais, o alumnado de 1º BACH ensinou a diversas persoas da comunidade educativa como actuar nas diferentes situacións de emerxencia.

CONFERENCIA SOBRE FISIOTERAPIA.

O 27 de novembro de 2023 estivo na clase de Anatomía Aplicada de 1º BACH Rubén Baltar, fisioterapeuta cunha amplísima traxectoria e recoñecida profesionalidade.

Rubén Baltar é o responsable da Clínica de Fisioterapia Baltar en Viveiro.

Explicou ó alumnado os aspectos fundamentais da carreira de Fisioterapia, diferentes tipos de lesións que atenden na súa clínica, aparatoloxía coa que traballan, como facer unha vendaxe... e, ademais, a paixón pola súa profesión.

Moitísimas grazas pola túa colaboración Rubén! 

CONFERENCIA SOBRE O ATLAS, A 1ª VÉRTEBRA CERVICAL E A SÚA RELACIÓN COA SAÚDE.

O 14 de decembro fixemos unha videoconferencia con Óscar Campillo, experto na colocación do Atlas (1ª vértebra cervical) e responsable da Clínica AtlasVital en Fuenlabrada (Madrid).

Nesta videoconferencia, o alumnado de Anatomía Aplicada de 1º Bach ampliou os seus coñecementos sobre o sistema óseo-articular e muscular, as conexións que hai no corpo humano (non só a nivel físico senón tamén psico-emocional), as características e particularidades o Atlas segundo a súa ubicación e funcións, que efectos positivos pode ter unha boa colocación do Atlas, como afecta negativamente á saúde se o Atlas non está ben colocado... e, ademais, o alumnado coñeceu como traballa Óscar na súa clínica.

Para que poidades coñecer un pouco mais sobre o Atlas e o traballo de Óscar, aquí vos poñemos unha entrevista.

Moitas grazas Óscar pola túa colaboración!

COÑECE O MEU CLUBE: RUGBY.

En decembro de 2023 desenvolvemos no IES unha actividade de Rugby co clube de Rugby Astérix de Viveiro. Ademais dos principios básicos e valores deste deporte, o adestrador Óscar Lara explicou ao alumnado diversos xestos técnico-tácticos que fixeron desta xornada un momento de aprendizaxe e diversión.

Moitas grazas pola colaboración!

ACTIVIDADE DE XADREZ.

O 21 de decembro de 2023 desenvolvemos na Biblioteca do instituto unha actividade de xadrez en colaboración de Aitor, do Clube de Xadrez de Viveiro.

Aquí podedes ver algunhas fotos:

SEMANA BRANCA: VIAXE Á NEVE (FORMIGAL).

O alumnado de 2º e 3º ESO do noso IES estivo do 7 ao 12 de xaneiro de 2024 na estación de Formigal na xúa viaxe á neve. Unha gran oportunidade de aprender un novo deporte e convivir con outros/as compañeiros/as.

TALLER DE CREPES E ALIMENTACIÓN SAUDABLE.

Elaboración de Crêpes en el Marco del Día de la Candelaria (Chandeleur)** 

Esta actividad, desarrolada por el Departamento de Francés, tuvo como objetivo fusionar el aprendizaje de la lengua francesa y la cultura, enriqueciendo la experiencia educativa a través de la elaboración de crêpes conmemorativa al día de la Candelaria. Este enfoque integrador no solo promueve la comprensión intercultural Galicia-Francia, sino que también fomenta la inclusión al trabajar con ingredientes sin gluten, adecuándose a las necesidades de una compañera celíaca. Durante la actividad, los estudiantes experimentan con la preparación de crêpes, explorando tanto los aspectos lingüísticos inherentes a la receta como las tradiciones asociadas al día de la Candelaria. Esta combinación de práctica culinaria y estudio cultural proporciona un ambiente de aprendizaje dinámico y participativo. Además, se enfatiza la selección de toppings saludables, como frutas frescas, con el propósito de promover hábitos alimenticios conscientes y demostrar que el dulce puede ser disfrutado de manera nutritiva. Esta elección también resalta la importancia de la diversidad en la alimentación y la inclusión de personas con necesidades dietéticas especiales.

CHARLA CIENTÍFICA UDC: "PRODUTOS E TECNOLOXÍAS DE APOIO PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE E PERSOAS MAIORES.

O 17 de xaneiro de 2024 estivo no IES Vilar Ponte Thais Pousada, profesora da Universidade da Coruña para impartir unha charla científica ofertada pola Universidade.

Nesta charla, o alumnado puido ampliar os seus coñecementos sobre aqueles produtos e tecnoloxías de apoio para persoas con discapacidade e tamén para persoas maiores.

Máis abaixo podedes ver algunhas fotos da charla.

XOGADE: CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA EN LUGO.

O 28 de febreiro de 2024 desprazámonos a ao Parque de Frigsa en Lugo para participar no Campionato Provincial Escolar de Orientación Deportiva.

Foi unha experiencia significativa para o alumnado participante (3º e 4º ESO) que puido aplicar nesta carreira tódalas aprendizaxes adquiridas nas clases de Educación Física: interpretación de mapas, tipos de relevo, orientación con/sen mapa e con/sen compás, coidado do medio natural, beneficios da práctica de exercicio físico no medio natural...

Aquí podedes ver una foto da xornada:

ACTIVIDADE SOBRE SISTEMA NERVIOSO E CONDUTAS ADITIVAS.

O alumnado de 3º ESO, dentro dos contidos vencellados ao sistema nervioso central e periférico dentro da asignatura de Bioloxía, realizou unha interesante actividade sobre as condutas aditivas e as súas consecuencias: tabaco, alcohol e outras drogas.

Na primeira actividade, o alumnado organizado en parellas e/ou grupos de tres procurou información sobre dogras (alcol, tabaco, cannabis, cocaína, heroína, fentanilo, burundaga, éxtase e cocaína rosa). A información mínima solicitada foi a seguinte: introdución, efectos,  mitos e realidades; así como a webgrafía empregada (cumprindo así mesmo co obxectivo de facer procuras seguras e fiables en internet).

Na segunda actividade, o alumnado realizou as súas presentacións. A continuación de cada unha das exposicións, os/as compañeiros/as tiveron a oportunidade facer as súas achegas e preguntas sobre as súas dúbidas.

Aquí podedes ver unhas fotos das actividades:

DEPORTE E SOCIEDADE INCLUSIVAS.

O 29 de abril estivo no noso instituto a Fundación ENKI da Coruña, unha fundación especializada nos deportes para persoas con discapacidade.

O alumnado de 1º Bach puido desenvolver esta actividade no pavillón: a Fundación Enki estableceu varias estacións onde o alumnado puido experimentar diversas actividades para persoas con discapacidade e tamén probar os vehículos específicos.

Aquí tedes algunhas fotos da xornada.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

ACTIVIDADE FÍSICA ADAPTADA.

Dentro da Unidade Didáctica de "Actividade Física Adaptada", o alumnado de 1º Bach preparou diversas actividades para desenvolver no pavillón do noso IES con ASPANANE.

Foi unha experiencia moi enriquecedora e inclusiva.

Aquí podedes ver unha pequena mostra do traballo realizado a principios de maio:

ACTIVIDADE DE SURF.

O 16 de maio de 2024 o alumnado de 4º ESO e 1º BACH desprazouse á praia de Abrela para realizar unha actividade de surf coa escola "Viveiro Surf Escola". Previamento fixeron unha clase no IES para coñecer algúns aspectos importantes a cerca deste deporte.

ACTIVIDADE INTERCENTROS: DESAFÍO BASKET.

O 21 de xuño, como remate de curso, celebrouse o tradicional "Desafío Basket", un encontro de Baloncesto entre o alumnado dos IES de Viveiro: Vilar Ponte e María Sarmiento.

Este torneo celebrouse no pavillón municipal de Viveiro e contou coa presencia de todo alumnado de ESO e BACH de ámbolos dous centros educativos.

Noraboa ao alumnado de ámbolos dous centros polo ambiente de compañeirismo no que se desenvolveu este evento, e noraboa tamén ao noso alumnado pola victoria conseguida.

Parabéns!