Mulleres inspiradoras

MULLERES INSPIRADORAS

Ao longo da historia, moitas mulleres loitaron por conseguir un espazo destacado nun mundo que parecía non telas en conta. Moitos avances e costumes cambiaron ao longo dos anos grazas ao seús esforzos que, dunha forma ou outra, marcan un antes e un despois. Iremos coñecendo mes a mes cal foi o granito de area de cada unha delas.



I. Maio: Malala Yousafzai

Malala é unha activista a favor dos dereitos civís, especialmente das mulleres no valle do río Swat, en Pakistán, onde oxime talibán ten prohibido a asistencia á escola das nenas. A xoven extendeu a súa loita a nivel mundial. O seu labor lévoa a ser premiada co Nobel da Paz en 2014. Con tan só dezasete anos convertíase en a persoa máis nova a acceder a ese galardón.

II. Xuño: Rachel Carson

Había unha vez unha nena a quén lle gustaba moito escribir historias sobre animais. Chamábase Rachel e creceu ata converterse nunha das defensoras máis apasionadas do medio ambiente. Rachel descubriu o impacto dos pesticidas na natureza; estos productos envenenaban a outras plantas, aves e animais. Escribiu o libro "Primavera Silenciosa" que foi votado un dos libros de ciencia máis importantes da historia. Inspirou a miles de persoas a sumarse ao movemento ecoloxista.

III. Setembro: Marie Curie

Marie Curie, unha muller que adicou todo a súa vida á ciencia.

Foi a primeira muller científica en recibir o Premio Nobel e ser a primeira catedrática da Universidade da Sorbona de París. Recibiu o Premio Nobel de Física xunto ao seu marido e logo recibiría ela soa o Premio Nobel de Química. Descubridora do Polonio e o Radio como elementos químicos e investigadora da radioactividade.

Pasou fame e frío, e arriscou a súa saúde con tal de non renunciar á súa paixón investigadora.

“Nada neste mundo debe ser temido, só entendido” estas palabras definen o carácter perseverante e loitador de Marie Curie.

IV. Outubro: Frida Kahlo

Frida Kahlo é considerada unha das figuras femeninas mexicanas máis influintes do seu tempo. Acadou trascender a través das súas innovadoras obras de arte e actualmente é recordada como unha das artistas máis famosas do século XX. A os dazaoito aos Frida Kahlo sufriu un gravísimo accidente que a obligou a unha longa convalecencia, neste tempo aprendou a pintar, o que marcou con toda probabilidade a formación do complexo mundo psicolóxico que se reflicte nas súas obras. Dende a pintura ata cuestións máis personais da súa vida, Kahlo sempre buscou facer as cousas de xeito diferente a como estaba estipulado.