Debuxando sorrisos

SACANDO O/A ARTISTA QUE LEVAMOS DENTRO


Os nenos/a de tres a seis anos atópanse nunha fase de intenso aprendizaxe, por eso a esas edades podemos traballar con eles/as numerosos aspectos da linguaxe, a sociabilidade e axudarlles a desenvolver a iniciativa e a creatividade.

Unha das actividades máis enriquecedoras en este periodo da educación infantil é debuxar e pintar. Mediante o uso de materiais como o lápis, as pinturas, as témperas e os papeis de diferentes texturas e cores, os nenos/as desenvolven unha amplia gama de procesos motrices, creativos, cognitivos e emocionais.

Os nenos/as a través do debuxo se expresan e comunican, os debuxos sacan a relucir os seus sentimentos, os seus pensamentos, o que levan dentro. Por iso é moi importante que animedes ao voso fillo/a a pintar e colorear.

• Non lle marquedes qué debe pintar ou debuxar, deixa que a súa imaxinación sexa a súa directriz, o que eles/as aprenden e descobren por sí mesmos/as durante o proceso creativo é o máis importante.

• Non modifiquedes os seus debuxos, os nenos/as ven o mundo dunha forma moi diferente aos adultos. Deixa que se equivoque, o error-acerto é parte da súa educación.

• Cando esté debuxando entabla unha conversación con él/a, que che conte qué está representando e a vez faille preguntas que incentiven a súa imaxinación e o seu linguaxe.

• Exhibe as súas obras de arte, colgalas nun taboleiro de corcho ou na porta da nevera para que as vexa toda a familia.

• Cóntalle historias e pídelle logo que che faga un debuxo, esto afianzará a sua capacidade de concentración e compresión.

• Se che pide suxerencias para facer un debuxo “¿qué pinto?” dille sempre unha figura que sexa sinxela e de acordo as súas preferencias, se lle gustan os animais, “un can”, se lle gustan os coches de carreiras, “o coche de Fernando Alonso”.

• Dedicalle un tempo a pintar con eles, xugar xuntos a pintar con témperas o acuarelas pode ser un pasatempo divertido para unha tarde en casa.


VIÑETA FRANCESCO TONUCCI

Francesco Tonucci, tamén coñecido por el seudónimo "Frato", é un pensador, psicopedagogo e debuxante italiano.

Nesta viñeta podemos ver a varios nenos/as imaxinando qué poderían facer ao día seguinte coas pinzas que o/a profesor/a pediulles. Tras escoitar a frase “acordarvos de traerme mañá unhas cantas pinzas de roupa” os alumnos/as desenvolven os seus proxectos coa imaxinación. A creatividade innata lévalles a pensar qué farán ao día seguinte. Imaxinan xogos, xoguetes, elementos decorativos, etc.

Sen embargo ao día seguinte saen todos/as coas súas expectativas incumplidas. Fixeron un portalápices iguais.

Frato fai un guiño a como o sistema de estandarización fai que moitos nenos/as poidan chegar a perder parte das súas capacidades creativas.


CANCIÓN "LOS PINTORES"

A cantamos xuntos pequenos e pequenas artistas?


I.MAIO: TODO SAIRÁ BEN

Manualidade Arco da Vella feita con cartolina de cores e algodón.

#TODOSAIRÁBEN

II. XUÑO: MEDIOAMBIENTE

Facer un acuario empregando material de refugallo, como tapóns.

Para facer esta vistosa manualidade tan só necesitas un prato, cartolina e papel de seda verde. E xa temos ás arbores do mundo.

Caras divertidas con follas recollidas no parque.

III. SETEMBRO: VOLTA AO COLE CO MONSTRO DE CORES


Benvidos/as de novo á escola pequenos/as valentes! Que alegría volver ver os vosos sorrisos! Botábamosvos moito de menos… Este mes de setembro deixamosvos a canción do monstro de cores que estamos a escoitar nas aulas estes días e que tanto vos gusta! Gústannos moito todas as emocións… pero a nosa favorita sempre é a ALEGRÍA! Así queremos que estedes coa familia mentres bailades e cantades a canción e facedes algunha das manualidades propostas! Animadevos!






IV. OUTUBRO: SAMAÍN

Achégase o día máis terrrórifico do ano “ a celebración do SAMAÍN”. Estades preparadas/os

para coñecer a emoción do medo? Aquí vos deixamos uns exemplos de manualidades que

dan moito, pero que moito medo...





Que vos parece si sorprendemos á nosa familia

cunha merenda chea de arañas, pantasmas e outros monstros... aquí vos deixo unhas

recetas moi sinxelas para desfrutar creando unhas merendas terroríficas...







Ao longo desta semana imos cantar e bailar cancións de monstros, esqueletos e meigas,

deixamosvos aquí unha das nosas cancións favortias do SAMAÍN.

V. NOVEMBRO: OUTONO

Non podemos rematar o mes de Novembro sen falar dunha das estacións máis fermosas para traballar na etapa de Educación Infantil: o Outono. É para nós unha estación máxica, chea de cor, e moi, moi divertida. O que máis nos gusta do Outono é xogar á choiva de follas no patio... Encántanos!

Desde que comezou o Outono, nas aulas de Infantil do noso cole, estamos a escoitar, cantar e recitar cancións e poesías de Outono, pero a nosa preferida é a seguinte...


A continuación, deixámosvos tamén algunhas manuadiades chulísimas con froitos e follas secas... Elexide a que máis vos guste, preparade todos os materiais, e a pasar un rato especial en familia!





VI. DECEMBRO : NADAL.


Xa chegou o Nadal, tempo de familia, tempo de xogos e tempo de ilusión. Ao longo destas últimas semanas nas aulas de infantil estivemos a traballar esta festividade con cancións, manualidades e receitas moi divertidas.

A continuación podedes escoitar unhas panxoliñas para que cantedes e bailedes durante estas festas coas vosas familias.


Se aínda non tedes os adornos para a vosa árbore de nadal, podedes realizar algunha destas manualidaes para decorar a vosa casa, son moi sinxelas e pasaredes un bo rato realizando estos adornos de nadal:



A continuación amosamos uns exemplos de merendas navideñas moi orixinais e sinxelas.

Quén se anima a probar estos doces?

O equipo de educación infantil deséxavos unhas felices festas!



VII. XANEIRO: INVERNO


Xa estamos de volta amigos e amigas! Tedes a pilas recargadas? A polo 2021! Nas aulas de Infantil do Isidro comezamos o ano traballando o Inverno! Máis abaixo tedes algunhas cancións e contos que soan nas nosas aulas nestes días e tamén unhas manualidades moi chulas para facer en familia!


A CANTAR E A BAILAR CO INVERNO!







PERO QUE CONTOS TAN BONITOS...




QUE CHULIS ESTAS MANUALIDADES DO INVERNO!








VIII. FEBREIRO: ENTROIDO


CHEGOU O MARTES DE ENTROIDO, TEDES XA PREPARADO O VOSO DISFRAZ OU MÁSCARA?.

AÍNDA QUE ESTE ANO SEXA UN POUCO DIFERENTE, O ENTROIDO É O TEMPO NO CAL PODEMOS VESTIRNOS COMO OS NOSOS SUPERHÉROES, PROFESIONAIS OU PRINCESAS FAVORITAS.

NAS AULAS DE INFANTIL ESTIVEMOS A TRABALLAR UNHAS MANUALIDADES MOI SINXELAS QUE PODEDES FACER NA CASA CON MATERIAIS COTIDIÁNS COMO PRATOS DE PLÁSTICO, CAIXAS, CARTÓNS DE OVOS... A CONTINUACIÓN DEIXOVOS UNHAS IMAXES PARA QUE VOS ANIMEDES A PASAR UN RATO DIVERTIDO EN FAMILIA ELABORANDO A VOSA PROPIA MÁSCARA.


CONTOS DE ENTROIDO MOI DIVERTIDOS


MÁIS MANUALIDADES DE ENTROIDO….



IX. MARZO: MES DA MULLER

NO MES DE MARZO, NAS DISTINTAS AULAS DO COLE, ESTIVEMOS A TRABALLAR O PAPEL DA MULLER NA NOSA SOCIEDADE, LEVANDO A CABO DIFERENTES ACTIVIDADES: FALAMOS E DEBUXAMOS Á MULLER DA NOSA VIDA; TRABALLAMOS IMPORTANTES ESCRITORAS GALEGAS; DESCUBRIMOS OS FABULOSOS INVENTOS DE INCREÍBLES MULLERES CIENTÍFICAS, ELABORAMOS DIVERSAS MANUALIDADES PARA TRABALLAR O 8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, E O MÁIS IMPORTANTE, REFLEXIONAMOS E ANALIZAMOS O SEU IMPORTANTE PAPEL E A IMPORTANCIA DA IGUALDADE ENTR NENOS E NENAS, HOMES E MULLERES!

A CONTINUACIÓN, PODEDES ATOPAR ALGÚNS LIBROS PARA TRABALLAR O DÍA DA MULLER E A IGUALDADE…


DEIXÁMOSVOS TAMÉN UN ESTUPENDO VÍDEO DAS 12 MULLERES QUE TRANFORMARON A CIENCIA, E UNHA CANCIÓN SOBRE A IGUALDADE…


E PARA REMATAR… PENSADE NA MULLER DA VOSA VIDA (NAI, AVOA, TÍA, AMIGA…) E NON OLVIDEDES DE RECORDARLLE CADA DÍA CAL E O SEU SUPERPODER, PORQUE TODAS AS MULLERES TEMOS UN (OU VARIOS)…


X. ABRIL : MES DO LIBRO


O pasado 23 de abril celebrouse o DÍA DO LIBRO. Por iso nesta entrada imos a facer un repaso sobre os nosos contos favoritos, tomade nota e pensade cales ides a escoller para ler nas próximas vacacións de verán.

Nas auLas de infantil coñecemos un pouco máis os CÓMICS, nestes últimos meses foron uns dos nosos libros favoritos, con persoaxes con superpoderes que viven grandes aventuras.


Ao longo de todo o curso nas aulas de infantil traballamos moitos contos , todos teñen algo que nos encanta, que fan que un día tras outro queiramos ver os mesmos contos.

Que será o que estas historias teñen para que nos gusten tanto? Serán as súas divertidas historias? As aventuras? ou os seus fantásticos personaxes….?



Por último, aquí tedes uns videocontos moi animados…

Preparados para bailar e cantar?

COCORICO

CORRE CORRE CABACIÑA


XI. MAIO: A PRIMAVERA

ENCÁNTANOS A PRIMAVERA… A SÚA COR E CALOR… O SEU OLOR E OS SEUS SONS… ESTES DÍAS OS NENOS E AS NENAS DE INFANTIL ESTAMOS A PASAR MÁIS TEMPO NO PATIO GRACIAS AO BO TEMPO… DESFRUTAMOS DE MÁIS TEMPO DE RECREO, CONTAMOS CONTOS NA NATUREZA, FACEMOS SUMAS EMPREGANDO PEDRAS, PAUS E FLORES, DESCUBRIMOS BICHIÑOS E TESOUROS NATURAIS…. QUE MARABILLA!


DEIXAMOSVOS ALGUNHAS CANCIÓNS SOBRE A PRIMAVERA QUE NOS GUSTAN MOITO...


AQUÍ TEDES UNHAS MANUALIDADES PRIMAVERALES MOI CHULIS PARA FACER EN FAMILIA NA CASA... ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!