Trapalladas

I. SOMOS CONSTRUCTORAS DE MOMENTOS:

Nestas primeiras idades o adulto asume un rol activo no día a día do pequeno/a. Por suposto os nenos/as son os protagonistas, pero é o adulto/a o que axuda a construir esos momentos que pasa cos máis pequenos/os.

Por iso consideramos vital falar de TEMPO DE CALIDADE.

Vos animades a construir momentos de calidade e calidez xunto aos máis pequenos/as da casa?, ¿e se en vez de fichas coleccionamos momentos?,...

II. TRAPALLADAS, FERMOSA PALABRA

Cada aula é un espazo onde crear, soñar, expresar, compartir, sentir….tantas accións que non habería fin ao nombralas, e o/a “director/a de orquesta”, “o/a maestro/a de ceremonias”, é o docente.

Sentímonos orgullosas de pertencer a tal profesión con tal responsabilidade humana e importante labor social.

Quén é un trapalleiro? "O que fai trapalladas" :)

III. BINOMIO FAMILIA-ESCOLA

É de vital importancia que a familia e o profesorado aúnen esforzos, se alíen e traballen conxuntamente para reforzar o que os nenos e nenas aprenden tanto na escola como en casa.

Non podemos esquecer que a educación comeza en casa e segue na escola, sendo un continuo que precisa de coherencia e, por este motivo, o traballo do profesorado e das familias na educación dos nenos e as nenas son complementarios e esenciais para unha formación completa, tanto académica como emocional, cultural, social e de valores.

IV. UNHA IMÁXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS.

V. CAIXA DE IDEAS

Queremos mostrar ás familias, acercar máis a nosa Comunidade Educativa ás dinámicas da aula. Colaborar na medida do posible, facilitándovos diferentes recursos que podades empregar, ideas para poñer en práctica.

Na barra lateral esquerda atoparedes un pouco de nós, dos nenos/as e o seu quehacer diario.

  • Traballos por proxectos

  • Recursoteca

  • 9 meses, 9 contos

  • Debuxando sorrisos

  • Mulleres inspiradoras

ESPERAMOS QUE VOS SEXA DE GRAN UTILIDADE FAMILIAS.


VI. CALENDARIO EDUCACIÓN INFANTIL