cursos semipresenciais

Que é a semipresencialidade?

Un curso semipresencial equivale á totalidade de horas dun curso presencial ordinario. Terás que asistir a única sesión semanal de dúas horas na que priorizaremos a interacción e a práctica das destrezas orais. A outra metade da carga lectiva desenvólvese na aula virtual, onde traballarás de xeito autónomo ou colaborativamente segundo as tarefas requiridas e sempre baixo a supervisión do teu titor/a. Para esta modalidade non é necesario libro de texto, xa que os contidos atópanse íntegramente na plataforma de aprendizaxe.

Que material ou equipamento preciso?

Necesitarás dun equipo (ordenador, portátil ou tableta) e conexión a Internet. Alén disto, lembra que esta modalidade require certo grao de autonomía pola túa parte e precisasarás dunha competencia dixital básica para navegar por unha contorna virtual. Terás que entrar na plataforma co teu usuario e contrasinal, ver as mensaxes recibidas, participar en los foros temáticos e realizar as tarefas propostas coa axuda dos contidos aloxados na plataforma e as orientacións del profesorado.