COmo acceder á plataforma?

Que plataforma imos empregar?

Os cursos semipresenciais impartiranse a través da aula virtual do centro. Trátase da plataforma Moodle á que poderás acceder desde a nosa páxina web seguindo estes sinxelos pasos (preme no titorial para ver as capturas de pantalla):

  • No bloque dereito da páxina web preme na opción "Aula virtual - Aula Moodle".

  • Fai clic en "Crear unha conta nova".

  • Enche o formulario cos teus datos persoais:

    • Nome de usuario/a (Por exemplo: carmen.perez@gmail.com)

    • Contrasinal

    • Enderezo electrónico

    • Nome

    • Apelido

  • Preme en "Crear conta nova"

  • Preme despois en "Continuar".

  • Vai á túa conta de correo electrónico para confirmar a creación da túa conta premendo na ligazón azul que aparece no corpo da mensaxe recibida.

  • Preme en "Continuar" e xa estarías dado/dada de alta na aula virtual.

  • Agora poderás acceder a ela premendo no botón que aparece na parte superior da aula virtual "Acceder".