Chegaron a pé María e Xosé
non tiñan pousada, ían para Belén.
Chegaron á cova co frío na pel,
non tiñan pousada María e Xosé.
-E naceu o Neno do ventre da Nai
un neno pequeno, brila como un sol.
Cala meu Meniño, cala meu amor
que esta noite é boa, chea de calor.
-O neno Xesús é un caravel,
fillo dunha rosa, nacido en Belén.
Ímolo adorar que está no portal,
esta noite santa, o Rei celestial.