VIDEO E LETRA
Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi,
mentres adoraba ó Neno,
comeulle o sombreiro o boi.
DEIXADE ÓS PASTORES
DEIXÁDEOS PASAR
QUE VAN A CANTAR Ó REI,
A XESÚS NO PORTAL (BIS)
Nunhas pallas deitadiño
en coiriños, ai, está !;
sendo o Dono deste mundo
e Señor de canto hai !
DEIXADE ÓS PASTORES
DEIXÁDEOS PASAR
QUE VAN A CANTAR Ó REI,
A XESÚS NO PORTAL (BIS)
Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi,
mentres adoraba ó Neno,
comeulle o sombreiro o boi.