MELLORA A CREATIVIDADE E A IMAXINACIÓN BUSCANDO SOLUCIÓNS A RETOS INDIVIDUAIS E COLECTIVOS. Facendo pequenos obxectos coa cerámica e a través do mural colaborativo.
AUMENTAR A TOLERANCIA Á FRUSTRACIÓN E A PERSEVERANCIA MEDIANTE O ESFORZO DE FACER E DESFACER AO APRENDER AS TÉCNICAS. Foi una constante sobre todo aos comenzos e especialmente nos tecidos que había que desfacer e volver a empezar as veces, o coa cerámica ata que se adquieren as destrezas.
PRACTICAR O TRABALLO COLABORATIVO E O RESPECTO AS PRODUCCIÓNS DOS DEMÁIS. A través do mural final onde tivemos que xuntar as pezas de todos e cada quen poido ver as dos outros cursos.
COÑECER E VALORAR E PRESERVAR O PATRIMONIO CULTURAL ARTESANAL GALEGO. Grazas a os traballos de investigación e as visitas aos museos e obradoiros onde poidemos coñécer de primeira mano e no seu contexto a noso patrimonio artesanal.
MELLORAR A AUTOESTIMA E APRENDER A CANALIZAR AS EMOCIÓNS MEDIANTE A CREACIÓN DE OBXECTOS COAS MANS. A maioría dos alumnos expresaban que se relajaban manipulando el barro e case todos decían sentirse satisfechos e incluso orgullosos coas súas produccións.
FOMENTAR O CONSUMO RESPONSABLE VALORANDO A CALIDADE DO BEN FEITO FRONTE A CULTURA DE USAR E TIRAR. Experimentando o traballo coas mans apréciaban mais as pezas que podían ver nos museos que visitamos.
APRECIAR A IMPORTANCIA DO IMPACTO DOS NOSOS ACTOS NO MEDIO NATURAL E NA COMUNIDADE. Transformando materiais de refugallo convertíndoos en obxectos decorativos.
O proxecto orixinalmente plantésaxe en tres fases:
1ª Coñecemento do patrimonio artesanal galego, visitas a museos e obradoiros artesanais.
2ª Adquisición de técnicas e habilidades necesarias para a creación de pequenos obxectos artesanos de xeito individual.
3ª Realización dun proxecto colectivo empregando residuos e materiais aproveitados ou atopados nas praias e que teña impacto na comunidade a través da colaboración coa biblioteca do centro e o seu programa de voluntariado.