Un proxecto educativo para traballar a artesanía e a reciclaxe
A materia de proxecto competencial e o marco idóneo para achegar o patrimonio artesanal galego aos alumnos de 2º de ESO para a súa valoración e conservación.
A proposta parte de coñecer e practicar diferentes oficios e técnicas artesanais de Galicia, tanto tradicionais como actuais para logo desenvolver proxectos persoais e colectivos empregando as destrezas adquiridas.
O coñecemento dos materiais como a arxila, o vimbio, as maderas nobres, etc e o medio natural onde se obteñen, amosan tanto o respecto ao medio ambiente e as paisaxes como as comunidades e os pobos que xurdiron a partires destes oficios. Neste sentido será necesario colaborar con diferentes departamentos como artes plásticas, lingua galega, xeografía e historia e ciencias.
O traballo coas mans axuda a centrar a atención e a calmar a mente axudando coa xestión das emocións, facilitando ademáis a integración dos alumnos con necesidades educativas especiais e os alumnos extranxeiros recién chegados.
O orzamento destinarase a compra de materiais e a formación nas técnicas artesanais como cerámica, cestería, tecidos,etc. Visitaremos museos e faremos obradoiros no centro educativo onde os alumnos podan coñecer e practicar as técnicas artesanais con maestros artesanos que nos formen na práctica das técnicas do seus oficios.
- Apreciar a importancia do impacto dos nosos actos no medio natural e na comunidade
- Fomentar o consumo responsable valorando a calidade do ben feito fronte a cultura de usar y tirar
- Practicar o traballo colaborativo e o respecto as producións dos demáis
- Coñecer e valorar e preservar o patrimonio cultural artesanal galego
- Impulsar a creatividade e a imaxinación buscando solucións a retos individuais ou colectivos
- Aumentar a tolerancia a frustración e a perseverancia mediante o esforzo de facer e desfacer ao aprender as técnicas
- Mellorar a autoestima e aprender a canalizar as emocións mediante a creación de obxectos coas mans