No terceiro trimestre organizamos no centro un obradoiro de tecidos, onde uns artesáns do tapis viñeron a ensinarnos a tecer en pequenos teares pezas coas distintas cores do mar que logo axudaron a unir formando un único tapis, o que supuso un reto colectivo e un exemplo motivador do que se pode facer traballando en equipo. Houbo moito que facer e as veces desfacer e voltar ao principio pero finalmente entre todos conseguímolo!.
As pezas de todos os alumnos uníronse formando un mar onde situamos os peces de cerámica formando un mural artesanal colectivo, onde quixemos mostrar como entre todos podemos traballar por preservar os nosos mares limpos e cheos de vida e cor.