No segundo trimestre, comezamos coa práctica das técnicas de cerámica antigas: el pellizco, los churros las placas.
Os alumnos practicaron as técnicas de cerámica modelando e decorando pequenos obxectos, entre eles as pezas do traballo final, peces inspirados nas imaxes da vida nos océano que proxectamos na aula.
No Museo arqueolóxico do Castro de Viladonga recibironnos cun vídeo contextualizador da nosa visita e, seguidamente fixemos un percorrido guiado e lúdico polo Castro. Rematamos a experiencia participando nun taller de cerámica castrexa co obxectivo de aprender o proceso de elaboración a mán dos obxectos feitos en arxila,esta actividade tivo unha moi boa acollida por parte do alumnado.
A visita a o Museo etnográfico do Forno do Fonte en Buño realizouse para coñecer a vida nunha antiga olaría onde o xente vivía e traballaba ata os anos 50 do século XX, alí asistimos a unha visita teatralizada, un perxorrido polo museo, un audiovisual sobre o antigo proceso de cocción no forno e unha demostración do uso do torno. Algúns animáronse a probar o oficio de alfarero probando a facer unha peza no torno.