No primeiro trimestre, alumnos e profesores traballamos no ámbito dos oficios artesanais de Galicia a través de distintas actividades tanto en proxecto competencial como en lingua galega.
Os alumnos en pequenos grupos investigaron, elaboraron, e expuseron á clase presentacións relacionadas cos distintos oficios artesanos tradicionais: oleiros, zoqueiros, cesteiros,...
En colaboración cos departamentos didáticos de Orientación, Dinamización e Biblioteca, participamos das actividades propostas por estes equipos e que foron publicadas no blog de Dinamización para as celebracións do Samaín: a decoración de diversos espazos do centro, o concurso de portas, o concurso de fotografías e o deseño de marcapáxinas.
O desenvolvemento dos obradoiros levouse a cabo na biblioteca do centro na que se reuniron alumnado da áreas de Relixión e do Proxecto competencial dos grupos de 2º da ESO.
Recolectamos material de refugallo, en distintos locales do propio instituto como a dirección, a secretaría, os departamentos e aulas. Atopamos para reciclar: folios usados na fotocopiadora, pedazos de cartolinas, pegamentos, pinturas, etc ademáis de materiais sobrantes de proxectos de cursos anteriores así como, rolos de papel de cociña ou papel hixénico, tapóns de plástico, diversos recipientes, restaís de telas, e unha gran variedade de elementos que o alumnado foi achegando desde as súas casas e que en moitos casasos estaban destinados a ser enviados ó lixo.
Deste xetio aprendimos dun xeito artístico a reutilizar elementos que están na nosa contorna e darlles unha utilidade real.
Este ano a proposta de decoración da nosa tradicional árbore de Nadal partiu da colaboración de diferentes departamentos: Relixión, Plástica, Bioloxía, Orientación e Dinamización. Escolleuse como tema da decoración a celebración do 75 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS. As grupos reciclando materiais, adornaron a árbore con estrelas e bólas que contiñan textos cos dereitos humanos.