Proxecto de Vida Activa e Deportiva 2023/2024
Este ano no IES Eduardo Pondal decidimos dar un paso adiante no fomento dos hábitos de vida activos como base da saúde actual e futura do noso alumnado e da comunidade educativa, motivo polo que decidimos deseñar e levar a cabo este PVAD, que está conformado polas seguintes liñas de actuación:
Proxecto DAFIS. É un proxecto polo que se realiza unha valoración da condición física saudable do alumnado, emitindo un informe que permite comparar os resultados cos valores recomendados e cos valores medios do alumnado galego por cada grupo de idade.
XOGADE. O programa XOGADE combina o programa deportivo e competitivo (escolar e federado) cun programa lúdico e participativo para os escolares dos centros educativos de toda Galicia. Este é o camiño que segue a Secretaría Xeral para o Deporte cara a un deporte humanista, educativo e saudable.
Pausas activas. Auméntase e regúlase a oferta de actividades lúducas tanto para os recreos como para as sesións lectivas nas que se ausenta o docente.
Presentación de actividades. Traemos ao alumnado a mostra de actividades ás que non poden acceder na súa contorna próxima, ampliando a súas experiencias motrices.
Descubrindo posibilidades. Amosamos as posibilidades de lecer activo que teñen a súa disposición na contorna e que non son coñecidas polo común do alumnado.
Profesorado implicado
Alexandre Pérez (EF - Coordinador)
Diego Lamas (EPVA)
Martiño Freire (FeQ)
Silvia Candia (EPVA)