Coñecemos START-UP

Dentro das actividades que se organizaron na Semana Cultural do IES, o alumnado de 1º de Bacharelato e 4º da ESO visitou o centro de adestramento START-UP, que ademáis agasallou ao alumnado cun bono de 5 sesións no centro. Nel o alumnado coñeceu unha forma diferente de adestrar e ampliou as súas posibilidades de lecer activo na vila.

O alumnado tamén ensina

O alumnado maior do centro que ten entre as súas actividades de lecer o baile tradicional, realizou un obradoiro para o alumnado de 1º da ESO no que lles aprenderon os básicos do baile. Deste xeito puideron participar na Foliada organizada co gallo do Día das Letras Galegas.

Damos no branco

Da man do Clube Flechas por un tubo, o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO gozou da experiencia de descubrir unha modalidade deportiva como é o tiro con arco. Realizando prácticas e experimentando demostracións de habilidade co arco.