Decubrindo a neve!

O alumnado de Educación Física de 3º e 4ª da ESO e 1º de Bacharelato participou, do 21 ao 26 de Xaneiro na ACE Semana Branca, na que nos achegamos aos Pirineos, concretamente á estación de Formigal. Alí aprenderon e perfeccionaron as súas habilidades de deslizamento e descubriron as posibilidades que nos achegan os deportes de inverno.

Tamén fixemos unha visita ao Pavillón de Xeo de Jaca!

Na natureza non só se camiña

Pola súa banda o alumnado de Educación Física de 1º e 2º da ESO realizou un Bautismo de Escalada no Rocódromo Municipal de riazor (A Coruña), onde a Asociación de Montañeiros Independentes (AMI) realizaounos unha presentación maravillosa das posibilidades que nos ofrecen os deportes de montaña como recursos de lecer activo e o alumnado tivo a oportunidade de probar as modalidades de Escalada Deportiva e Escalada de Velocidade.