O Castelo de Pambre, situado na localidade luguesa de Palas de Rei, acollerá durante dúas xornadas, os días 18 e 19 de abril, un espazo e encontro de debate para abordar as distintas cuestións que propón Proxecto Lugares.  


Profesionais, artistas e axentes sociais do ámbito autonómico e nacional porán sobre a mesa experiencias de intervencións sostibles, as posibilidades de transformación do territorio a través do Camiño de Santiago, boas prácticas de arquitectura, do paisaxismo, do deseño ou da artesanía; ou como pensar a paisaxe desde unha perspectiva sostible e contemporánea.