Esta webquest está elaborada para o alumnado de 3º e 4º curso de Educación Primaria, na que se presentan os diferentes modelos de traxes tradicionais de cada Comunidade Autónoma de España.
Deste xeito, as tarefas propostas encadránse dentro da área de Educación Artística, en concreto na Educación Plástica centrándonos sobre todo en traballar os contidos do Bloque 2 (Expresión artística. Este bloque recolle a exploración dos elementos propios da linguaxe plástica e visual, así como o tratamento dos materiais. Abrangue tamén as posibilidades para expresar o sentido e o percibido con creacións artísticas propias, despois da planificación).
a) Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.
b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.
c) Adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflitos que lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así como nos grupos sociais cos que se relacionan.
i) Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran.
j) Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais e audiovisuais.
Comunicación lingüística (CCL)
Competencia dixital (CD)
Aprender a aprender (CAA)
Competencias sociais e cívicas (CSC)
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE)
Conciencia e expresións culturais (CCEC)
Observación dos materiais empregados nas obras plásticas.
Exploración de calidades dos materiais (transparencia, rugosidade, lixeireza etc.) e tratamento convencional e sinxelo de texturas, formas e cores sobre diferentes soportes.
Planificación e organización para axustar o proceso de creación individual e en grupo ás intencións previstas, seleccionando adecuadamente os materiais, os instrumentos e as técnicas.
Elaboración de imaxes usando técnicas e recursos diversos.
Construción de estruturas con volume.
Selección e uso responsable de materiais apropiados segundo as súas posibilidades plásticas e o fin para o que se previron.
Establecemento de protocolos de actuacións no proceso de creación individual e/ou colectivo.
Respecto polas normas e pola repartición de tarefas establecidas no grupo.
Respecto polas ideas e os traballos individuais.
Utilización de recursos dixitais para a elaboración de producións artísticas.
Compilación de imaxes para complementar textos (carteis, anuncios, esquemas, etc).
Clasificación de texturas e tonalidades, e apreciación de formas naturais e artificiais, exploradas desde diferentes ángulos e posicións.
Interese por procurar información sobre as producións artísticas e por comentalas.
Indagación sobre as calidades de diferentes materiais e uso que se fai deles en distintas representacións.
Uso dos recursos dixitais na procura da información.
Uso de diferentes texturas para as representacións (area, tecidos, papel etc.).