Norabóa!! Grazas a este webquest aprendiches todo sobre a cultura e o vestiario dos bailes tradicionais, ademáis de desenvolver a túa creatividade, a través da resolución de difíciles tarefas. Tamén fuches capaz de introducirte no mundo das Novas Tecnoloxías.
Agora por último, xuntaremonos todos e todas na clase co fin de debatir se atopáchedes algún problema coa realización destas tarefas e se tedes algunha suxerencia para a mellora do proceso de realización.
Así mesmo, comentaremos conxuntamente cal dos bailes tradicionais e o seu vestiario vos chamou máis a atención e porque razón, e se xa coñecíades algún dos traballados, ou pola súa contra , coñecedes algún outro.