Placa colocada trala inauguración da ponte
Esta ponte foi creada coa idea de mellorar o tráfico da cidade xa que era de obrigado cumprimento o peche da Ponte Vella ao tráfico rodado.
A ponte toma o seu nome do cambio de milenio pero tamén é coñecida como “ponte da Gaivota”
Trátase dun proxecto do ano 1996 pero non é ata 1998 cando se pecha definitivamente a Ponte Maior á circulación rodada.
Ao ano seguinte o Concello coloca a primeira pedra desta ponte, que se inauguraría o 1 de setembro de 2001 tras 28 meses de traballo.
A súa inauguración non supuxo só un considerable alivio ao tráfico, xa que é unha das seis saídas da cidade, senón que se converteu de inmediato nun símbolo do Ourense contemporáneo, a cidade en movemento que se asoma ao novo milenio.
Obra de estética marcadamente vangardista, o seu deseño leva a firma do arquitecto Álvaro Varela, e a súa execución de mans do do enxeñeiro Juan M. Calvo.
Destaca pola súa singular forma elíptica, en especial pola curiosa pasarela peonil que chega a elevarse 22 metros, dando lugar a extraordinarios miradoiros sobre o Miño e que lle outorga un carácter exclusivo, acrecentado pola súa espectacular iluminación nocturna.
Quince anos despois da súa inauguración a ponte xa foi obxecto dunha gran obra de mantemento debido á corrosión dos elementos metálicos.
Hoxe en día xa loce como ao principio.