A través desta webquest preténdese que valoredes e aprendades como de saudable é realmente a vosa alimentación, relacionada de maneira indirecta coa vosa saúde.
Deberedes investigar e reflexionar sobre que son os hábitos saudábeis, cales son e como afectan a nosa saúde, tendo como referencia o propio funcionamento do corpo humano. Faredes unha clasificación dos alimentos para poder ter unha mellor alimentación. Con todo isto poderedes elaborar un menú, como xa dixemos anteriormente.
A búsqueda da información dentro das páxinas facilitadas, a comparación e as reflexións serán individuais, mentres que a elaboración do menú será en grupos de catro persoas.
O menú terá os diversos entrantes, un primeiro e un segundo prato coas súas respectivas opcións de escolla entre carne, pescado, para vexetarianos, para veganos... Ademais disto, contará con tres diferentes sobremesas, ben sexa unha froita, un iogur, unha torta, etc.
O menú teredes que realizalo en formato dixital e entregarédelo en formato físico, xunto coas vosas reflexións individuais.