CARTEL MOSTRA - 

XXV MOSTRA DE TEATRO DO ENSINO SECUNDARIO DO MORRAZO. MOTESMO

IES Johan Carballeira 25 a 28 abril do 2023

CONCURSO DE DESEÑO DO CARTEL. BASES

1o- Nesta edición invitamos a participar ao alumnado da ESO, BACHARELATO e CICLOS FORMATIVOS de todos os centros do Morrazo (Marín, Bueu, Cangas e Moaña).

2o- O concurso consiste no deseño do cartel para a XXV Mostra de Teatro do Ensino de secundaria do Morrazo, onde se faga alusión tanto a dita convocatoria, así como á data (25 a 28 abril de 2023) e o lugar de celebración (IES Johan Carballeira)

3o- Os orixinais realizados en papel (tamaño DIN A3) acompañaranse dun sobre pechado onde figuren os datos do/a participante e do centro onde cursa os estudos. Para os orixinais realizados en formato dixital escoller un tamaño equivalente a un A3 e resolución mínima de 300 ppp, indicando no email datos do/a participante e do centro.

4o- Os traballos poderán ser entregados ou enviados por correo ao seguinte enderezo, ata o 31 de marzo de 2023.

IES Johan Carballeira, Rúa Staffan Mörling, 4, 36930 Bueu Te.: 886159176

Correo electrónico: ies.johan.carballeira@edu.xunta.gal

5o- Estabécense dúas categorías: 1-Alumnado da ESO, 2- Alumnado de BACHARELATO e CICLOS FORMATIVOS. En cada unha das categorías haberá un gañador ou gañadora. Dos dous carteis gañadores, escollerase un deles como cartel da Mostra. O premio en cada unha das categorías é undiploma acreditativo e 50€. O xurado poderá declarar o concurso deserto e nese caso empregaríase o diñeiro para pagar o deseño do cartel.

6o- O fallo do xurado, que será inapelable, darase a coñecer o día 13 de abril. A entrega dos premios levarase a cabo no acto de clausura da Mostra o día 28 de abril.