TEMA DAS nosas CURTAS : EMPATIA , A capacidade de comprender e compartir os sentimentos dos demais, a empatía permítenos ver as cousas desde a perspectiva do outro no canto da nosa
Empatía
É unha habilidade da intelixencia emocional que consiste en comprender os motivos e as emocións dos demais. Empatía é sinónimo de tolerancia á diferenza: é a capacidade
de entender ou sentir o que outra persoa experimenta desde o seu marco de referencia, é dicir, a capacidade de situarse na posición do outro respecto a os seus pensamentos, emocións
ou sensacións físicas. Esta habilidade pódese adestrar para favorecer relacións interpersoais saudables. Tamén se pode aplicar a un mesmo co obxectivo de cuestionar os propios xuízos
de valor ou as autocríticas destrutivas. Empatizar non significa estar #de acordo con outra persoa,
neste caso estariamos a simpatizar.
Promover a tolerancia e diversidade, denunciar o odio e a intolerancia baseada na orientación sexual, a identidade e / ou a expresión de xénero.
Cada curta presentado deberá mostrar, reflectir, propoñer ou evocar algunha situación ou contido que propicie ou reflicta unha reflexión propia do grupo acerca de determinadas circunstancias ou elementos ao redor da EMPATIA , e a TOLERANCIA
O Bullyng
Temáticas sociais relacionadas coa persoas maiores, as súas preocupacións , soños , os seus recordos, poñer en valor a súa memoria , ou reflexionar sobre a soidade, ou a dependencia...
Reflectirán algunha temática social, priorizando aquelas que ilustren aspectos cotiáns ou da actualidade local e próxima. As curtas tamén poden ofrecer solucións ás situacións que expoñen. Para orientar sobre os temas, e aclarando que poden ser outros que non figuran nas bases, a organización suxire, por exemplo, as alternativas locais #ante a crise global, as redes sociais na miña vida, se che indigna a imaxe que se ten do teu barrio, cámbiaa e presenta o teu barrio, a cultura urbana, as causas e consecuencias da pobreza, a diversidade cultural.
INSPIRACIÓN PARA AS NOSAS CURTAS::
PASOS A SEGUIR PARA REALIZAR A CURTA :
UNHA VEZ QUE DECIDAS O TEMA A TRATAR , NECESITAS DOCUMENTARTE, ANTES DE ABORDAR O GUIÓN.
Escribir un GUIÓN (LITERARIO e TÉCNICO) sobre a CURTA que ides realizar . (GUIÓN EN EQUIPO - DECEMBRO)