Aquí atoparedes os produtos finais que fomos elaborando ao longo do curso sobre este PDI
Salón do libro
A temática deste ano, no Salón do libro, xirou arredor da música e serviu como fío condutor das diferentes propostas presentadas polos centros.
Nos vinculámolo ao noso PDI Derrubando muros, dedicado aos murais de Carballo. Expuxemos o resultado final na Biblioteca Rego da Balsa e os traballos consistiron en fusionar imaxe e son: fotografías dos murais acompañadas dun código QR que permite escoitar as composicións musicais creadas polo alumnado.
Para escoitar as cancións tedes que escanear os códigos QR das imaxes.
Gozando das propostas do Salon do Libro
O PDI deste curso 25-26 chegou ao seu fin e, con el, chega a nosa xornada de romaría.
Derrubando muros: reinterpretando os murais
Como broche final, convidámosvos ás familias a participar reinterpretando un mural ao voso xeito. Despois de escoller un deles e recrealo con obxectos, xestos ou disfraces, sacade unha fotografía da creación e troutraédea para expoñer o día da romaría na escola da Rega.
Con todas as imaxes formaremos unha pequena exposición para gozar da vosa creatividade e imaxinación.