"LIMPAMOS CELEIRO"

Este ano Voz Natura, no seu 25 aniversario, propuxo unha serie de retos para fomentar accións de proteción , concienciación e recuperación medioambiental. O eco reto do mes de outubro ten como obxectivo a limpeza da natureza.

Esta semana continuamos coas actividades propostas para o desenvolvemento do Proxecto Documental deste curso: ”Coñecemos Celeiro”. Neste caso, todos os cursos fixemos unha saída pola nosa contorna para realizar as fotos para o noso calendario, visitando lugares "emblemáticos" da nosa parroquia.

Os nenos e nenas de primaria aproveitaron esta pequena excursión para cumprir o eco reto deste mes. Neste vídeo podedes ver a nosa pequena contribución para un Celeiro máis limpo.