COÑECEMOS O

HELIPORTO DE CELEIRO

O mércores, 8 de xuño, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tivo a oportunidade de visitar as instalacións do Heliporto de Celeiro.

O Heliporto Costa Norte é un heliporto situado na localidade de Celeiro, no Concello de Viveiro, nas inmediacións do Porto de Celeiro. Este heliporto foi construído a finais dos anos 80, e unha década despois modernizado e ampliado a unha superficie de 4.000 metros cadrados. Este heliporto é a base do helicóptero "Pesca 2", un dos helicópteros do servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Xunta de Galicia.

Na visita, dous pilotos e dous rescatadores, explicáronlles como era o seu traballo. Observaron os diferentes aparellos que utilizan para levar a cabo un rescate e tamén desfrutaron da experiencia de meterse dentro dun helicóptero.

Esta visita está enmarcada dentro do proxecto "Coñecemos Celeiro".

MOITAS GRAZAS A TODO O PERSOAL DA BASE POR COMPARTIR ESTA EXPERIENCIA CO ALUMNADO DE CELEIRO!


heliporto.wmv