CEIP de CELEIRO

Viveiro (Lugo)

CURSO 2021-2022

"COÑECEMOS CELEIRO"

BLOG DA BIBLIOSOÑOS

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO:

“COÑECEMOS CELEIRO” (curso 2021-2022)

Introdución​.

Este Proxecto Documental Integrado foi proposto no último claustro do curso 20-21 para ser traballado no presente curso co obxectivo principal de que todo o alumnado coñeza a localidade onde está situado o seu colexio pois moitos proceden doutras parroquias do Concello de Viveiro.

Hoxe en día é máis doado saber o que acontece noutros lugares do mundo que no noso pobo, pois a televisión, internet… ofrécennos moita información e así o noso cada vez se perde máis. Por iso, dende o CEIP de CELEIRO, queremos poñer en valor a localidade de Celeiro: unha vila que vive do mar, dos seus produtos e que ten a súa propia historia.

Neste proxecto participa a totalidade do Claustro e os equipos de EDLG, BIBLIOTECA e ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS serán os encargados da coordinación e dinamización deste traballo de información e aprendizaxe útil a todo o alumnado e á comunidade escolar no seu conxunto.

PROPOSTAS DE TRABALLO:

· Recoñecer Celeiro como unha das parroquias do Concello de Viveiro. Situación xeográfica

· O mar de Celeiro: a pesca, institucións ao abeiro do mar (Delegación de Pesca, Confraría de pescadores, Porto Celeiro), lonxa, industria conserveira, traballos relacionados co mar de antes e actuais.

· Sector Servizos: Base do helicóptero, bombeiros, gardería, colexio…

· Rúas de Celeiro e lugares máis salientables

· A vida cultural, deportiva e asociacións… (escritores, agrupacións musicais, clubs deportivos…)


ACTIVIDADES REALIZADAS

PERSOEIROS DE CELEIRO

(RADIO NA BIBLIO 6º de Primaria)

COÑECEMOS A CONFRARÍA E A LONXA DE CELEIRO

(5º e 6º de Primaria)

"MARES DE CULTURA"

(Alumnado de 5º e 6º de Primaria)

LUGARES MÁIS SALIENTABLES DE CELEIRO

(4º de Primaria)

O MEU RECUNCHO FAVORITO DE CELEIRO

(3º de Primaria)

COÑECEMOS O HELIPORTO DE CELEIRO

(4º, 5º e 6º de Primaria)

GUÍA TURÍSTICA DE CELEIRO

(2º de Primaria)

"CAMIÑO DO MAR POR CELEIRO"

(4º, 5º e 6º de Primaria)

"CATRO VELLOS MARIÑEIROS"

(Alumnado de 1º de Primaria)

SAÍDA DE INFANTIL POR CELEIRO

4º, 5º e 6º Infantil

POSTAIS DE CELEIRO

4º, 5º e 6º Infantil

VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS

4º, 5º e 6º Infantil

"CATRO VELLOS MARIÑEIROS"

(Alumnado de 4º de Infantil)

LIMPAMOS CELEIRO

(Voz Natura: Eco Reto mes de outubro)

A AGRICULTURA NO TEMPO DOS NOSOS AVÓS

(Voz Natura: Eco Reto mes de decembro)

CALENDARIO DO ANO 2022

(Lugares emblemáticos de Celeiro)