Cumprindo cos ODS

Aprendemos de outros compañeiros. Semana da ciencia.

Un dos obxectivos ODS é a educación de calidade.

Na semana da ciencia, o alumnado da ESO puido asistir a unha exposición dos traballos do alumnado de primeiro de FP Básica. Faláronnos da electricidade, dos circuitos e das instalacións que temos nas nosas casas. Foi todo un reto para eles quen, aínda que se mostraban tímidos ao principio, conseguiron espertar a curiosidade dos seus compañeiros.

Talleres para o alumnado. Semana da ciencia.

Taller sobre a capacidade torácica

Un dos talleres organizados veu da man do profesor de educación física, Alberto. Faloulles da importancia da capacidade torácica e trouxo unha serie de instrumentos para que os rapaces mediran cada un a súa.

Microorganismos, protozoos e identificación de seres vivos e inertes da natureza

Outro dos talleres veu da man das profesoras de bioloxía. Nesta ocasión mostraron ao alumnado microorganismos e protozoos obtidos de mostras de distintas especies. Por outra banda, realizaron tamén un reto de identificación de restos mariños e terrestres, algúns deles pertencían a seres vivos (mandíbula dun jabalí, e outros inertes (rochas e minerais)

Charla de "inclusión e impresión 3D", por Thais Pousada

O alumnado de 4º de ESO  e 2º de Bacharelato recibiu o martes 6 de febreiro unha charla baixo o título de "inclusión e impresión 3D", impulsada dende a udc, da man de man de Thais Pousada García, doutora en Ciencias da Saúde e docente no grado de Terapeuta Ocupacional. 

Poderíamos decir que a charla tivo dúas partes: unha máis social e outra máis técnica. Na primeira delas falounos das dificultades que teñen as persoas con discapacidade e movilidade reducida para afrontar tarefas que nós facemos sen pensar. Contounos tamén o difícil acceso ás ferramentas que lles axudaban a paliar estas diferenzas, e a case imposibilidade de que estas se adaptaran de xeito individual a cada unha das súas necesidades.

Na segunda parte, comentounos que a impresión 3D estaba supoñendo unha revolución no sector, pois calquera cunha impresora na casa podería fabricalas (deseñándoas un mesmo ou incluso obtendo xa o obxecto de páxinas de Internet). Contounos que páxinas empregaba ela para o deseño e ensinounos cunha breve explicación o funcionamento destas pequenas máquinas.

Deseño de obxectos para persoas con movilidade reducida

Despois da charla que tivemos de Thais Pousada, levamos a cabo o deseño en 3D dun obxecto que facilitase algunhas das tarefas que limitan ás persoas maiores ou con movilidade reducida.

A través do método de deseño "design thinking", o alumnado realizou unha enquisa con cuestións dirixidas a coñecer as actividades que máis lles custaba facer aos maiores, as súas rutinas, cales eran as partes do corpo onde sentían máis dor... Cos datos recollidos, puxémolos en común entre todos e analizámolos para ver onde se podía centrar o noso estudo. Dividímonos en parellas na clase e cada un deles centrouse nun dos tres ámbitos que obtuvemos como respostas do cuestionario: a dificultade para subir escaleiras, para poñer os zapatos e para transportar as bolsas da compra.

Cada grupiño artellou un obxecto. No deseño do mesmo, atopáronse con dificultades que tiveron que resolver ou cambiaron o deseño a medida que o resolvían para que fose máis funcional e operativo. Isto fixérono en Onhshape, un programa de deseño en 3D. Esperamos imprimir estas pezas pronto para poder analizar os resultados de cerca.

Aquí quedan os tres artiluxios que deseñaron en parellas: 

Homofobia e racismo na IA

En 2º de Bacharelato, despois de ver como funciona a IA, concluímos que as máquinas non teñen a capacidade para pensar ou razoar, simplemente actúan como nós queremos que actúen, é dicir, se a alguén lle temos "medo", non será á tecnoloxía en si, senón á capacidade que temos as persoas para manipulalas e introducir nelas os sesgos que temos como individuos.

De aquí derivan os traballos do alumnado deste grupo de TIC, que estudou casos de racismo, homofobia e machismo que se daban nas aplicacións que empregan intelixencia artificial, así como as solucións que se están pensando neste ámbito para poñer fin a isto. Despois disto, puxemos os carteis polo centro, para dar visibilidade.

Aquí vos ensinamos os seus traballos.

Infografía Inteligencia Artificial Moderno Negro (1).pdf
SEGNOS NA IA.pdf
Intelixencia artificial (1).pdf
Infografía Guía Pasos para Mejorar la Autoestima Doodle Pastel Verde y Rosa (2) (1).pdf

ALFIN/AMI

Unha das preocupacións que se citan dentro do obxectivo de educación de calidade, é que "se estima que en 2030 unos 300 millones de niños y jóvenes seguirán careciendo de conocimientos básicos de aritmética y alfabetización", segundo a páxina de Objetivos de Desarrollo Sostenible, de Naciones Unidas. 

Despois de traballar a alfabetización mediática e informacional na aula con distintas actividades, o alumnado de 4º de ESO creou uns póster onde se resumen as pautas básicas de como citar e referenciar imaxes e documentos de texto, da importancia de respetar as licencias e de como buscar información real e contrastada en Internet. Aquí vos deixamos o cartaz de Lucía, que foi o elexido entre todos os compañeiros para poñer polas paredes do centro e que así chegue esta mensaxe aos demais compañeiros.

Normas Luci.pdf

Día da muller e da nena na ciencia. 11F.

Para conmemorar o día da muller e da nena na ciencia, o alumnado de 4º de ESO, fixo dende a materia de intelixencia artificial un programa con Scratch no que coñecemos un pouco máis a Hedy Lamarr, a precursora do wiffi. Tiveron que buscar información sobre ela para logo plasmalo nesta tarefa. Unha vez máis, puidemos ver como o alumnado se estrañaba cando se pronunciaba o nome da científica por primeira vez e sen embargo están cansos de escoitar a outros como Einstein, Tesla, Faraday...

Dado que non podemos ensinar o xogo ao completo, ensinamos aquí algúns recortes obtidos destes xogos.

Día de Rosalía

No día de Rosalía contamos coa participación activa do alumnado de todo o centro. Axudándonos do alumnado estranxeiro, foron eles mesmos quen fixeron a tradución dos poemas e leron en público nun acto que o Equipo de Dinamización de Lingua Galega argallou para facernos ver todo o traballo. Participaron alumnado, profes e familiares, foi todo un éxito.

Como agasallo pola participación, o alumnado de TIC II de 2º de bacharelato deseñou uns broches como agasallo pola participación destes alumnos e que logo imprimimos en 3D.

Moi orgullosos de todos eles!

Visita ao MUNCYT

O alumnado de 1º, 2º e 4º de ESO de Tecnoloxía visitou o MUNCYT en Coruña.

Alí realizaron unha gincana onde se recollían os 17 ODS. Tiveron que visitar cada unha das salas do museo e fixarse nos obxectos expostos para poder ir cubrindo cada un dos termos que se pedían na folla que o persoal nos facilitou ao inicio da visita.

Toda unha experiencia.

Refraneiros dos nosos ancestros

O alumnado de 4º de Dixitalización estivo estudando o refraneiro sobre alimentación que vimos traendo dos nosos ancestros dende fai anos. Eses "ditos" que invaden as nosas casas e que seguimos repetindo e tomándoos como certos cando nunca nos paramos a pensar se iso será verdade ou non.

Fixeron un formulario que enviamos a profes e familias para poder recoller eses refráns de pais e avós de diferentes localizacións. Cando os tivemos, estudaron a certeza de cada un deles empregando as técnicas de alfabetización que vimos con anterioridae. Logo, elaboraron un diálogo no que expoñían a súa investigación. Este diálogo levámolo á radio, onde o gravamos. 

Para concluír, editaron as gravacións na clase co programa de Audacity tras varias sesións nas que argallaron con el sobre a edición de audio. Xuntaron os audios recollidos de cada conversa e puxéronlle son.

Aínda que o produto final aínda está no forno, ensinámosvos algunha imaxe das evidencias do seu esforzo.

Apadriñamento lector

En xuño, imos levar a cabo o apadriñamento lector co alumnado de 1º de bacharelato. 

Estes alumnos e alumnas, recibirán aos máis pequenos do colexio do CEIP Nicolás del Río para lerlles un conto e pasar con eles un ratiño no noso instituto.

Aínda que está todo entre mans, como adianto deixámosvos ver uns chaveiros que fixemos coa impresora para que leven como agasallo e recordo desta bonita experiencia.