Pasaporte solidario

Este proxecto dirixímolo dentro das materias científicas co alumnado de 4º de ESO, sen esquecer que estamos nun centro onde todas e todos teñen cabida nas actividades que botamos a andar.

A programación vai encamiñada a pisar todas esas baldosas que nos presentan os 17 ODS. Con cada tarefa proposta, pretendemos que o alumnado empatice con esas persoas que teñen máis difícil ser "un máis" nunha sociedade na que aínda existen casos de machismo, homofobia e certa discriminación a persoas con minusvalía, pretendemos que o alumando vexa na práctica o que se ensinou con lápiz e papel, que aprendan a participar en grupo e valoren o traballo de outros compañeiros.