Que solicitamos?
Que solicitamos?
A implicación dos grupos políticos municipais (PSOE, BNG, PP e Ciudadanos), para atopar unha solución alternativa á desorbitada edificabilidade aprobada.
Que o Concello e a Xunta asuman a súa responsabilidade como guardiáns de bens patrimoniais universais.
Que sendo o patrimonio un recurso importante para Lugo, se entenda que hai que protexelo e transmitilo ás vindeiras xeracións.
Que se paralicen as obras de urbanización, por consolidar cambios de aliñacións e rasantes no Camiño Primitivo, difíciles de reverter.
Que se redacte un novo proxecto, desde o interese xeral, que poña en valor a confluencia do Camiño coa Muralla Romana.
Que se inclúa a substitución da plataforma construida sobre o Camiño Primitivo, por unha alternativa respectuosa co mesmo. A plataforma, pasadizo inmundo e inseguro, priva ademais aos peregrinos da visión da Muralla e xa fora calificada de ‘Decisión técnica nefasta’, na ‘Guía de Estudos da Paisaxe Urbana’ da Xunta (páx. 340).
Que se incorporen no proxecto espazos ou zonas verdes públicas, acordes coa significación deste lugar.