Vía xudicial. Informes desfavorables

Froito da alarma xerada polo planeamento aprobado nesta zona en xaneiro de 2019, o conxunto de máis de vinte asociacións que integran o Foro do Camiño Primitivo dirixiuse a ICOMOS España a finais de 2.019, e esta institución emitiu un informe moi desfavorable en xullo de 2.021.

ADEGA, integrante do Foro do Camiño Primitivo, presentou demanda fronte a dita aprobación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sendo desestimada inicialmente. A sentenza foi recorrida recentemente ante o Tribunal Supremo, por non terse pronunciado o Tribunal galego sobre varios motivos da demanda e ter aplicado algúns criterios interpretativos con insuficiente fundamento legal.

A Real Academia Galega de Belas Artes nun informe recente, pediu á súa vez a anulación deste planeamento, por consideralo contrario á protección do patrimonio afectado.

A Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia, que xa en 2014 alegara fronte ao planeamento deseñado para esta zona e que tamén forma parte do Foro do Camiño Primitivo, segue demandando unha solución mais sensible e exemplar para solucionar a problemática complexa concorrente neste lugar.

Accede nos seguintes enlaces aos informes e documentos desfavorables a este planeamento:


Informe da Real Academia Galega de Belas Artes (16-3-2022)

"Considera necesario anular a Modificación Puntual aprobada e propoñer unha intervención máis respectuosa na Buffer zone da Muralla romana e antigo Camiño de Santiago, rectificando tanto o trazado en planta da aliñación de fachadas á Rolda da Muralla e rúa San Roque como a altura das novas edificacións e a redución da edificabilidade que permita unha actuación máis respectuosa con este ben cultural excepcional e Patrimonio da Humanidade desde o ano 2000."

Informe de ICOMOS España (27-7-2021)

"Desde el punto de vista del marco legislativo debe indicarse que la propuesta desarrollada y ahora aprobada se justifica en parámetros de edificabilidad poco o nada sostenibles a nivel edificatorio, y con escasa o nula referencia al aspecto fundamental que no es otro qué la protección patrimonio o, en su defecto, la no alteración del mismo, situación está que no se da al establecerse un volumen edificado ficticio que se contrapone y altera a los elementos catalogados."

Alegacións da Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia (8-8-2014)

"Han de manterse coa máxima dignidade os usos e costumes tradicionais nun contexto significante novo, e cremos que isto obriga aquí a un alarde de xenerosidade, mediante o replantexamento das premisas da solución volumétrica presentada, reformulando drásticamente a aliñación do edificio construido respecto da Muralla e das aliñacións consolidadas existentes e reconsiderando á baixa a a súa ocupación, fondo edificatorio e alturas previstas, replantexando a simplicidade da rede viaria (o Carril das Flores non ten por qué ter necesariamente acceso rodado desde a Ronda) e en especial á protección do Camiño que xunto coa Muralla son Patrimonio da Humanidade.
O Planeamento é unha responsabilidade institucional e pública e non pode ser sustentada só en solicitudes particulares."