Como responsables do futuro do voso planeta, é necesario que coñezades a importancia que teñen os ríos nas nosas vidas, por iso realizaredes esta tarefa coa que trataredes de buscar información sobre distintos ámbitos como a pesca ilegal, a escaseza de auga, alteración dos ecosistemas ou a contaminación da auga.
Esta tarefa imos realizala en grupo, fomentando o traballo cooperativo, aínda que cada un deberá centrarse nun aspecto en concreto.
Convertirédevos nuns aunténticos detectives, analizando as causas, as consecuencias, e sobre todo reflexionando sobre a situación, chegando a establecer medidas que poidan paliar os efectos tan nocivos que está a producir o ser humano no planeta.
Unha vez teñades a suficiente información, procederedes a realizar a tarefa. Consistirá na creación dun cómic, sí, como os de Mortadelo e Filemon. Pero o máis importante non é que mostredes o que encontraches, senón as conclusións as que chegachedes.