O futuro do planeta está nas vosas mans, as vosas investigacións poden ser claves para alterar o proceso de contaminación ao que está a ser sometida a Terra.
Para iso necesitades un pouco de información previa. Ahi tedes un vídeo moi interesante: Salvar o planeta
A tarefa consistirá na realización dunha revista dixital a través da páxina de Calameo na que, cada membro do equipo deberá incluír un minicómic e unha reflexión da información consultada. Cada un de vós farase experto nun ámbito, debedes decidir entre os membros do grupo, que quere investigar cada quen; as opcións son:
A escaseza das augas
A pesca ilegal
A alteración dos ecosistemas
A contaminación da auga
Unha vez tedes claro quen se vai ocupar de cada problema, deberedes realizar o cuestionario:que sabedes?
Os resultados deste cuestionario non serán avaliados, soamente se terá en conta de maneira illada.
ESCASEZA DE AUGA
Aquel que decidiu centrarse na escaseza da auga deberá visitar algúns documentos nos que atope información moi valiosa para diagnosticar as súas causas, consecuencias e porque non, posibles solucións para a escaseza da auga. Pero iredes máis alá, recolleredes información novidosa, como o concepto de pegada hídrica ou o voso consumo diario.
Primeiro visualizaredes este vídeo: o recurso máis necesario e logo leeredes o seguinte documento: causas e consecuencias
Despois, teredes que realizar un esquema no que se mostren as causas e as consecuencias da escaseza da auga pero sempre intentando empregar as vosas palabras.
Deberiades ter así un esquema bastante completo, non o perdades xa que os será moi útil para completar a tarefa grupal.
Agora debedes realizar este "traballo" que consiste en anotar as veces que realizades cada acción, para logo sumar o número de litros que consumistedes ao final do día: consumo da auga
Coa información que recopilachedes sobre o voso consumo de auga ao día, compararémola coas respostas das vosos e dos vosas compañeiros e compañeiras no cuestionario inicial.
Que é a pegada hídrica? Na páxina "recursos" encontraredes unha páxina que vos pode ser de utilidade. Debedes realizar a vosa propia definición do concepto e anotar os productos que maior pegada hídrica teñen.
PESCA ILEGAL:
Os alumnos que vos decantarades por este apartado, deberedes observar unha serie de videos que adxuntarei no apartado de recursos e ter a man lapis e papel para facer anotacións que vos servirán para ressolver as posteriores cuestións.
O primeiro recurso do que dispoñedes é a páxina web da WWF España, no apartado de pesca ilegal. Encontraredes o enlace na páxina de recursos. En esta podedes encontrar datos interesantes tanto a nivel nacional como a nivel europeo en relación coas perdidas económicas, aumentos porcentuais da practica da pesca ilegal có tempo e as medidas que se toman ao respecto no marco internacional. Tamén amósase unha breve explicación do que é a pesca ilegal.
Deberedes realizar un mapa conceptual no que destaquedes as ideas principais.
O segundo recurso do que dispoñedes é un vídeo dunha xornada de pesca ilegal no océano Índico que vai servirvos para concienciarvos sobre as consecuencias non so económicas senón tamén as consecuencias que ten para os seres vivos.
Deberedes facer unha pequena reflexión do que sentístedes tras ver as imaxes do vídeo, pois seravos de gran axuda máis adiante á hora de realizar a reflexión a entregar.
O último recurso que visualizaredes é unha canción realizada nun colexio de colombia de nenos coma vos. O video fálanos sobre as consecuencias que pode traer a pesca ilegal para unha rexión, poboación e tamén para os seres vivos da contorna.
Unha vez escoitada a canción debedes anotar as ideas principais que se recollen na canción e os valores e principios que intentan transmitir os rapaces sobre as consecuencias desta actividade ilegal.
ALTERACIÓN DOS ECOSISTEMAS:
Os alumnos e alumnas que escollestes o apartado "alteración dos ecosistemas" debedes visitar unha serie de vídeos e documentos que vos facilitarán información a cerca dos tipos, causas e consecuencias que vos permitirá crear unha opinión propia a cerca desta cuestión; a cal poderedes mostrar na parte grupal do traballo.
O primeiro que debedes facer é unhas pequenas anotacións dos conceptos máis importantes, ideas principais,... que posteriormente teredes a man á hora de facer a vosa reflexión.
Os primeiros recursos que debedes visitar son os dous vídeos de "ALTERACIÓN DOS ECOSISTEMAS"( o "1" e o "2"), que se atopan no apartado de recursos. Estes vídeos achegaranvos unha idea principal de que son as alteracións dos ecosistemas. Coñeceredes as causas que motivan estas accións, os tipos que existen e vos mesmos seredes conscientes das terribles consecuencias que isto pode acarear.
Por último debedes leer o breve documento "Alteraciones producidas por las actuaciones humanas en los ecosistemas fluviales", que se atopan no apartado de "recursos" e no que, como di no seu título, aparecen as principais alteracións provocadas pola acción do ser humano no caudal do río, no seu réxime,... Seguro que atopades algún tipo de alteración dos ecosistemas fluviais que afecte ao Río Miño.
CONTAMINACIÓN DA AUGA:
Aqueles que escolleron centrarse no apartado "contaminación da auga" deberán visitar distintos recursos para coñecer, entre outras cousas, as causas, consecuencias e solucións ante este problema tan grave que presenta a nosa Terra.
Antes de nada, recoméndovos coller lápis e papel xa que será moi importante e de moita utilidade que fagades anotacións a través dun esquema ou mapa conceptual. Toda a información consultada será útil para realizar o minicómic e a reflexion.
Para comezar, deberedes consultar o video"CAUSAS y CONSECUENCIAS de la CONTAMINACIÓN de LAGOS y RÍOS"; tedes o link no apartado "Recursos" da Webquest. A través deste vídeo teredes unha visión global dalgunhas causas e consecuencias da contaminación da auga. Podedes realizar un mapa conceptual ou esquema que máis tarde os axudará.
Despois de visualizar de xeito activo o video, teredes que consultar a páxina web"Contaminación del agua: Qué es, causas, consecuencias y soluciones."da organización Cumbre Pueblos, na que ademais de completar e contrastar información referente ás causas e consecuencias da contaminación da auga, encontraredes posibles solucións contra a contaminación da auga.
Por último e, tendo en conta que debemos realizar o traballo en torno ao Río Miño, debedes consultar o artigo de 2020 do xornal La Región “Este vertido lleva aquí años y años" . A través deste artigo, veredes como a contaminación do auga é un tema que nos afecta a todos e non constitúe casos illados senón que trátase dunha realidade global.
TAREFA GRUPAL
Despois de tanto traballo parece que as vosas investigacións están a chegar ao final. Recopiláchedes moita información, pero de nada sirve senón se lle dá un sentido. Como bos detectives, realizaredes un informe sobre o voso caso, pero será peculiar, distinto, escribir ás veces é aburrido, polo que mellor será realizar un cómic, no que mostraredes as vosas investigacións, os datos do caso, pero o realemente importante é que plasmedes non só o culpable senón aportar posibles solucións. Ademais, tamén deberedes realizar unha reflexión de non máis dunha carilla do ámbito no que vos tocou especializarvos. Nela, deberedes mostrar que pensades do tema, que credes que podemos mellorar, como fácelo, como podemos contribuír a axudar o medio ambiente...
Unha vez realizado e entregado o traballo, todos os grupos da clase deberedes presentar os vosos cómics diante dos vosos compañeiros analizando cada cómic e o mensaxe que quixéstedes transmitir con el. Ademais mostraredes tamén ao resto da clase unha reflexión sobre o que aprendéstedes ao longo da realización deste traballo.
-VALE PERO, ¿COMO IMOS REALIZAR O CÓMIC?
Valéndovos das vosas propias habilidades como artistas, deberedes crear individualmente un cómic a man no que exista diálogo e o tema central deberá de ser o ámbito previamente informado ( Se investigaches acerca da escaseza de auga, deberás facer un cómic sobre a escaseza de auga; se investigaches sobre a pesca ilegal, deberás facelo sobre a pesca ilegal; e o mesmo coa alteración dos ecosistemas e coa contaminación do auga). O cómic deberá ter unha extensión máxima dunha carilla. Se realizastedes os esquemas ou mapas conceptuais, poderedes idear o cómic de xeito máis estructurado e sinxelo.
Dividiredes un folio en tantas viñetas como queirades no cómic e comezaredes a debuxar ( a miña recomendación e que fagades previamente un boceto ou unha chuvia de ideas). É moi importante que no cómic fagades constancia dun xeito ou doutro da presencia do Río Miño, xa sexa incluíndoo nunha conversa ou debuxandoo.
Unha vez realizado, escanearedes o cómic e xa tedes listo o voso cómic en formato dixital! (Aqueles que non tedes impresora con escáner na casa, realizaredes os escáners na aula coa axuda do profesorado)
-MOI BEN PERO, UNHA VEZ REALIZADOS TODOS OS CÓMICS E REFLEXIÓNS DO GRUPO, CÓMO CREAMOS A REVISTA DIXITAL?
Moi boa pregunta; para xuntar todo nun único documento; deberemos crear un documento de texto; o meu consello e que empreguedes Google Drive, pois nel podedes crear documentos compartidos e todos podedes participar. Deberedes colocar nese documento todos os cómics e reflexións individuais. Deixaremos en recursos un posible diseño de documento que podedes seguir (ou non). Unha vez colocado todo, descargaredes o documento en formato PDF.
Para transformar o documento PDF nunha revista dixital, existe unha maravillosa web: Calameo. A través desta páxina web, e de xeito moi sinxelo, poderedes transformar o voso documento nunha revista dixital; para elo, deberedes rexistrarvos na páxina de Calameo. Deixaremos tamén en "Recursos" un titorial para acceder a Calameo e publicar unha revista dixital.
¡RECORDADE, É MOI IMPORTANTE QUE SEXADES CREATIVOS E ORIXINAIS!